Normativa

Neste apartado preténdese recoller o conxunto de normas relacionadas co exercicio das competencias atribuídas á CHMS, tanto as sectoriais, en materia de auga e medioambientais, como aquelas de carácter xeral, de aplicación horizontal a todos os órganos e entes que configuran a Administración Xeral do Estado.

NormativaPara facilitar a súa consulta, as normas sustantivas agrúpanse en distintos apartados en función do seu ámbito territorial (internacional, comunitario, estatal) e, subdivididas por materias. Asemade, recóllese a normativa orgánica, de distribución competencial, do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.

A mesma clasificación por materias aplícase á normativa que, por ser de carácter xeral, debe terse en conta na actuación deste Organismo de bacía, dividida en once apartados.

Deste xeito, preténdese a consecución de dous obxectivos:

  • Poñer a disposición do persoal desta administración hídrica unha ferramenta axil e práctica para a consulta das disposicións que a diario ten que empregar no desenvolvemento das súas funciónse,
  • Facilitar á cidadanía o acceso as memas normas e ao exercizo dos seus dereitos ante esta Confederación Hidrográfica.

 

Resolución de Adjudicación

Concurso de ideas, a nivel de anteproyecto, para la construcción de la sede de la Confederación Hidrográfica del Miño - Sil
 

Perfil do Contratante

 

Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ó ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014, no seu artigo 63, define o perfil do contratante como elemento que agrupa a información e documentos relativos a súa actividade contractual con obxecto de asegurar a transparencia e o acceso público aos mesmos. 

O Perfil do Contratante da Confederación Hidrográfica del Miño - Sil está dispoñible en https://contrataciondelestado.es/, e inclúe datos e informacións referentes á actividade contractual, tales como anuncios de información previa, licitacións abertas ou en curso, e documentación relativa ás mesmas.

Nesta páxina tamén se poden consultar os contratos adxudicados, os procedementos anulados e calquera información útil de tipo xeral (como as modificacións, se as houbese, e as liquidacions dos mesmos) así como os seguintes datos estatísticos: 

  • Resolución Plan de contratación da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para o ano 2025
  • Resolución Plan de contratación da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para o ano 2024
  • Resolución Plan de contratación da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para o ano 2023

 

Contas Anuais

Cuentas AnualesEn cumprimento do disposto no artigo 136.2 da Lei 47/2003, do 26 de novembro, Xeral Orzamentaria e na Regra 38 da Orde EHA/2045/2011, do 14 de xullo, pola que se aproba a instrución de contabilidade para a Administración Institucional do Estado, as contas anuais publícanse pola Intervención Xeral da Administración do Estado anualmente no portal da Administración orzamentaria, dentro da canle “Rexistro de contas anuais do sector público”.

LIGAZÓN AO REXISTRO DE CONTAS ANUAIS DO SECTOR PÚBLICO

 

Presupostos CHMS

Presupuesto CHMSInformación relativa aos Orzamentos Xerais da Confederación Hidrográfica do Miño – Sil, é dicir, á programación do conxunto de gastos e ingresos previstos por esta administración hidráulica.

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.