Período 2000-2006

Neste período as axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo de Cohesión financiaron actuacións executadas nas Comunidades autónomas de Castela e León e Galicia

Órgano de Cooperación

Comité de Autoridades Competentes

O artigo 36 bis do texto refundido da Lei de Augas dispón a existencia, no caso das Demarcacións Hidrográficas con bacías intercomunitarias, dun órgano de cooperación denominado Comité de Autoridades Competentes. O Real Decreto 126/2007, de 2 de febreiro regula a súa composición, funcionamento e atribucións.

 

 

Oficina de Planificación Hidrolóxica

As principais funcións da Oficina de Planificación Hidrolóxica, dacordo co Real Decreto 984/1989, de 28 de xullo, polo que se determina a estructura orgánica dependente da Presidencia das Confederacións Hidrográficas son as seguintes:

A recompilación e no seu caso a realización dos traballos e estudos precisos para a elaboración, seguimento e revisión do Plan Hidrolóxico da bacía.

Informar da compatibilidade co Plan Hidrolóxico de bacía das actuacións propostas polos usuarios.

A redacción dos Plans de ordenación das extraccións en acuíferos declarados sobrexplotados ou en risco de estalo e de aqueles outros en proceso de salinización.

A oficina de Planificación Hidrolóxica da bacía é o órgano de apoio técnico do Consello da Auga.

O actual Xefe de Planificación Hidrolóxica é Carlos Guillermo Ruiz del Portal Florido

Dirección Técnica

Segundo se recolle no Artigo 4 do Real Decreto 266/2008, do 22 de febreiro, créase a Dirección Técnica da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, con nivel orgánico de Subdirección Xeral.

No marco de competencias definido no Real Decreto 984/1989, de 28 de xullo, a Dirección Técnica, como unidade administrativa responsable da xestión das obras públicas de infraestructura hidráulica a cargo do Organismo de bacía, desenvolve as seguintes funcións:

  • Estudo, redacción do proxecto, dirección e explotación das obras e aproveitamentos financiados con fondos do organismo ou que encomenden a esta ao Estado, ás comunidades autónomas, ás corporacións locais, outras entidades públicas ou privadas, ou aos particulares.

  • A supervisión e aprobación técnica dos proxectos que teñan que ser financiados con fondos propios do organismo.

  • As actuacións encamiñadas a lograr o aproveitamento máis racional da auga.

  • O estudo e proposta dos outorgamentos, das tarifas e prezos relativos ó réxime fiscal en materia de augas e bens de dominio público hidráulico, de acordo coa normativa vixente.

  • A execución das ordes de desencoro.

  • A designación dos directores e inspectores das obras.

O actual Director Técnico é Manuel Ignacio Rodríguez Acebes. (Resolución do 2 de abril de 2009, da Secretaría de Estado de Medio Rural e Auga, pola Orden ARM/103/2009 de 26 de enero). 

Demarcación

No artigo 16 do Real Decreto 1/2001, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Augas, establécese o concepto de bacía, que se modifica ao incorporarse ao Dereito español a Directiva 2000/60/CE, que establece un marco de actuación no eido da política de augas. Aos efectos de esta transposición, enténdese por bacía hidrográfica "a superficie de terreo cuxa escorrentía superficial flúe na súa totalidade a través dunha serie de correntes, ríos e eventuais lagos cara o mar por unha única desembocadura, estuario ou delta. A bacía hidrográfica como unidade de xestión do recurso considérase indivisible".

Esta mesma transposición engade ao RD 1/2001 o artigo 16 bis, co que introduce a figura da Demarcación Hidrográfica: " (...) Enténdese por Demarcación Hidrográfica a zona terrestre e mariña composta por unha ou varias bacías hidrográficas veciñas e as augas de transición, subterráneas e costeiras asociadas ás devanditas bacías (...) O Goberno, por Real Decreto, fixará, oídas as Comunidades Autónomas, o eido territorial de cada demarcación Hidrográfica que será coincidente co seu plan hidrolóxico".

En febreiro de 2007, aprobouse o Real Decreto 125/2007, mediante o que se define o ámbito territorial das Demarcacións Hidrográficas, quedando asentadas no ámbito de actuación da Confederación Hidrográfica do Norte (CHN) as Demarcacións Hidrográficas Miño-Limia e Norte.

Segundo establece o Real Decreto 266/2008, de 22 febreiro, a Confederación Hidrográfica do Norte modifícase quedando dividida en dúas novas confederacións: a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) e a Confederación Hidrográfica do Cantábrico (CHC). Este mesmo Real Decreto dispón que as Demarcacións Hidrográficas do Miño-Limia e Norte pasan a chamarse Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil e do Cantábrico, respectivamente.

Ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil Ampliar imaxe

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.