As bacías do Miño e Limia atravesan Galicia e o norte de Portugal, mentres que a do Sil ten unha pequena parte en Asturias, case a metade en León e o resto en Galicia. Tanto o Miño como o Sil son ríos captores que se foron interiorizando nos montes galegos e na cordilleira cantábrica, estructurando unha rede que cubre boa parte do macizo hercínico do chamado xeonllo ástur.
As maiores alturas de Galicia atópanse nas serras orientais (Ancares, Caurel, Segundera, Queixa e San Mamede). Estas son: Pena Trevinca (2095 m.), Penarrubia (1826 m.) e Cabeza de Manzaneda (1778 m.) Cara ao oeste atópase a meseta central lucense (Terra Cha) unha extensa chaira.
O percorrido dos tres ríos, Miño, Sil e Limia, a través do macizo hespérico é un bo exemplo da acomodación fluvial á pauta tectónica. As tres nesgan as estructuras hercínicas e se adaptan a dúas das principais direccións de fractura do macizo: a Norte-Sur e a Norte-Sudoeste.
A xénese destes ríos e a súa forte labor erosiva sobre materiais, en xeral moi resistentes, determinaron a formación de vales profundos, estreitos e pendentes, que só se abren e suavizan cando percorren algunha depresión intramontañosa.
As bacías do Miño, o Sil e a parte española do Limia ten unha ordenación fundamentalmente lineal, formando vales alongados nos que se centra o río principal, que recibe moitos afluentes por ámbalas dúas beiras.
A bacía do Miño-Sil ten unha superficie de 17.619 Km2. O Miño ten unha bacía de 8.288 Km2 e unha lonxitude de 315,15 Km Nace na serra de Meira e desemboca no esteiro de A Guarda, deixando ao Norte o Santa Tegra e facendo fronteira con Portugal. Os seus afluentes mais importantes son, pola esquerda: o Neira, o Sil, o Arnoia, o Mouro (Portugal) e o Coura (Portugal); pola dereita: o Avea, o Tea e o Louro.
O Sil nace na vertente leonesa de Somiedo, a máis de 1.500 m de altitude. Atravesa as comarcas de Laciana e o Bierzo, entra en Galicia e desemboca no Miño pola dereita nos Peares, o sur de Monforte de Lemos . Ten unha bacía de 7.987 Km2 e unha lonxitude de 233,9 Km. E digno de mención o seu espectacular encaixamento nos canóns do Sil. Os seus principais afluentes nas terras galegas son, pola esquerda: o Bibei, o seu principal afluente e o Navea; pola dereita: o Lor e o Cabe.
Tanto o Miño como o Sil son dous ríos constitúen unha das principais rexións produtoras de enerxía eléctrica de España.