Mapa litolóxico da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil
A bacía Miño-Sil aséntase sobre terreos hercínicos do Macizo Hespérico, é por iso que a maior parte dos seus afloramentos corresponden a formacións precámbricas, paleozoicas e cristalinas.
Concretamente, sitúase entre dúas zonas do Macizo Ibérico: o Macizo Galaico-Portugués e, en menor medida, na zona Asturoccidental - Leonesa.
No referente a grupos litolóxicos, son maioritarios os materiais metamórficos, seguidos polos de orixe ígnea. Sobre estes materiais sitúanse, tamén, algúns recubrimentos detríticos.