25 técnicos das distintas Confederacións Hidrográficas españolas ampliarán os seus coñecementos nesta materia
Curso enmarcado no Acordo de Formación para o emprego das AAPP
Francisco Marín, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), inaugurou hoxe o curso sobre La Planificación Hidrológica e a Directiva Marco da Auga que, este ano e por primeira vez, se celebrará en Ourense. No acto de inauguración estivo acompañado por Carlos Ruiz del Portal e por José Angel Rodríguez Cabello, Xefes das Oficinas de Planificación Hidrolóxica das Confederacións do Miño-Sil e do Guadiana, respectivamente.
No marco do Acordo de Formación para o emprego das Administracións Públicas e coa vontade de impulsar e fomentar a formación continua, a promoción da carreira profesional e a adecuación dos perfís profesionais dos empregados públicos ás novas necesidades do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, promoveuse, dende a CHMS a realización do curso "A Planificación Hidrolóxica e a Directiva Marco da Auga".
O obxectivo desta formación tan específica é o achegamento de empregados públicos do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio ao proceso de planificación hidrolóxica que se realiza en España. Trátase de adquirir unhas nocións claras do que implican os plans hidrolóxicos, os principais fitos do proceso e como se afrontan os aspectos máis destacados para a súa elaboración.
O curso, organizado polo MAGRAMA, celébrase na cidade Das burgas, do 17 ao 19 de xuño de 2013, na Facultade de Ciencias do Campus de Ourense e os relatores elixidos son profesionais de ampla experiencia no ámbito da planificación hidrolóxica das Universidades Galegas e dos Organismos de conca as Administracións Estatal e Autonómicas.
Diminúe en -215 hm³ respecto á semana anterior
O presuposto de licitación é de case de 3,5 millóns de euros
Diminúe en -138 hm³ respecto á semana anterior
A directora xeral da Auga, Liana Ardiles, e a directora da Fundación Biodiversidade, Sonia Castañeda, inauguraron o encontro "Voluntariado en Ríos e Biodiversidade 2013".
O obxectivo do Programa de Voluntariado en Ríos é contribuír á promoción do voluntariado na conservación e mellora do estado ecolóxico dos ríos
No encontro celebrado hoxe participaron voluntarios do programa, pertencentes a medio centenar de organizacións, entre outros na conservación e mellora do estado ecolóxico dos ríos nas diferentes