O presidente da Confederación Miño-Sil visita e supervisa as obras de emerxencia que o organismo de conca está a realizar na Bisbarra de Valdeorras

Visita Obras Valdeorras

Acompañado da alcaldesa de Villamartín de Valdeorras, Mª Jesusa Candal, e do alcalde de A Rúa, Avelino G. Ferradal

O Consello de Ministros aprobou unha partida de 500 mil euros, nunha primeira fase, e prevese que hoxe mesmo dea luz verde a un novo investimento polo mesmo importe

O investimento total na conca hidrográfica do Miño-Sil pode ascender a 1millón de euros

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Francisco Marín, visita e supervisa as obras de emerxencia que o organismo de conca está a levar a cabo no río Sil e os seus afluentes, ao seu paso polos Concellos de Villamartín de Valdeorras, A Rúa e O Barco de Valdeorras.

Con estas actuacións de emerxencia, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), a través da CHMS, mellorará a capacidade de desaugadoiro das canles, restaurará o dominio público hidráulico e os danos provocados polos desbordamentos e avenidas ocasionadas polo temporal de intensas chuvias sufrido durante os primeiros meses deste ano, para evitar novas riadas e avenidas.

O investimento inicial do MAGRAMA nesta conca hidrográfica do Miño-Sil ascendeu a 500mil euros, se ben, por parte do organismo de conca, cando o nivel das augas descendeu o suficiente para poder comprobar e valorar o alcance dos danos, solicitou actuacións complementarias.

Hoxe mesmo está previsto que o Consello de Ministros, dea luz verde ás novas actuacións solicitadas, complementarias das aprobadas a finais do mes de xuño, por un importe de 500 mil euros, co que o total de investimento do Estado na CHMS ascendería a 1 millón de euros.

Os traballos concretos que se están a executar na canle do río Sil e os seus afluentes, ao seu paso polos concellos de Villamartín de Valdeorras, A Rúa e O Barco de Valdeorras, por importe aproximado de 50.000 euros, consisten na limpeza e retirada de maleza e de árbores caídas, cunha especial incidencia nos arrastres que puidesen afectar a infraestruturas viarias.

13-07-19-visita-obras-emergencia-valdeorras

Por outra parte, lévanse a cabo actuacións de reposición de diques e reforzo e reconstrución dos noiros máis debilitados, utilizando para iso entalados de madeiros e biorrollos de malla de coco, que darán estabilidade aos noiros de ribeira erosionados e derrubados polas enchentes; todo iso co fin de mellorar a capacidade de desaugadoiro das canles para evitar riadas e avenidas en episodios de abundantes chuvias.

"Para levar a cabo estas actuacións, ademais dos informes facilitados pola Comisaría de Augas a través do persoal técnico e da gardaría fluvial que detectou e avaliou os puntos con máis incidencias, tívose moi en conta a información facilitada polos alcaldes das poboacións. Pero non foi sinxelo, sobre todo polo momento de dificultades económicas no que estamos inmersos" explicou Marín, presidente do organismo.

13-07-19-visita-obras-emergencia-valdeorras2

"O fundamental sempre é preservar as vidas das persoas e os seus bens, por iso establecéronse niveis de prioridade, sendo o nivel máis alto as zonas máis próximas aos núcleos de poboación, para ir descendendo no grao de urxencia a medida que nos afastabamos. Tamén facendo especial fincapé na retirada de arrastres que puidesen afectar a infraestruturas viarias, xa que poderían quedar pobos incomunicados," concluíu o presidente.

Descargar PDF

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.