Baltar e Marín supervisan os traballos de restauración de marxes do río Caldo, en Lobios, e valoran os danos causados polas intensas chuvias na senda fluvial do balneario

Visita Obras Río Caldo

O MAGRAMA investirá 60 mil euros nesta canle danando polas intensas chuvias dos primeiros meses do ano

Restaurarase o danado e mellorarase a capacidade de desaugadoiro para evitar inundacións e avenidas nos momentos de abundante caudal

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Francisco Marín, e o Presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, acompañados pola Alcaldesa de Lobios, Mª del Carmen Yáñez, visitan as obras de emerxencia que o organismo de conca está a levar a cabo no río Caldo, ao seu paso polo municipio de Lobios, nas que o Ministerio deAgricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), investirá 60 mil euros.

Estas actuacións de emerxencia foron solicitadas pola CHMS unha vez comprobados e valorados os danos ocasionados polo temporal de intensas chuvias dos primeiros meses deste ano.

Para poder acometer estas obras, o Consello de Ministros autorizou, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), dúas partidas presupostarias que supoñen un investimento total na conca hidrográfica do Miño-Sil de 1 millón de euros.

13-07-24-visita-obras-emergencia-lobios1

 

O obxectivo destas actuacións consiste en mellorar a capacidade de desaugadoiro dos tramos fluviais da conca nos que existe o risco de que se produzan desbordamentos en caso de fortes chuvias.

 

No río Caldo, ao seu paso polo concello de Lobios, procederase á retirada e eliminación dos elementos que obstaculizan a canle e realizaranse actuacións de protección e restauración de ambas as dúas marxes, co obxectivo de recuperar a capacidade de desaugadoiro do río, reducindo así o risco de inundación.

 

A Deputación de Ourense está a redactar un proxecto de mellora dos viais da senda fluvial de acceso ao Balneario de Riocaldo, danados polo temporal.

 

"Estamos a traballar para repoñer o danado, dando estabilidade ás marxes e diques máis debilitados, limpando a canle de arrastres e mellorando a capacidade de drenaxe para evitar inundacións e avenidas nos momentos de abundante caudal", explica Marín, presidente do organismo.

 

 

Descargar PDF

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.