A CHMS e a USC explicáronlles os detalles do estudo que xa está moi avanzado e que é posible en base a un convenio de colaboración promovido polo organismo de conca
"Era necesario partir dunha radiografía que reflectise a precaria situación do regadío: está a traballarse o diagnóstico desde un punto de vista legal, económico, social, produtivo e estrutural da zona para conseguir o desenvolvemento sostible do recurso" explicou o presidente
Actualmente estase desenvolvendo a fase participativa onde CHMS e USC están a dialogar cos regadores para coñecer de primeira man a opinión, compromiso e aspiracións
"En breve será o momento de convidar a que outras administracións, coñecedoras da problemática, (Xunta e Concellos) a que se somen ao proxecto e conxugar todas as variables co obxectivo de solucionar a problemática de conxunto que vén de moi atrás" concluíu Quiroga
Os traballos consistiron na demolición da antiga canle de desaugadoiro e do marco soterrado existente, reconstruíndo estas estruturas cunha xeometría e dimensións suficientes para o paso das enchentes.
A obra concluíu coa limpeza e recuperación ambiental da zona e a reposición dos servizos e pavimentación das superficies afectadas
Con estas actuacións evitaranse as inundacións recorrentes provocadas polo desbordamento do arroio
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.