
José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, asiste a unha das reunións cos regadores do Val de Lemos para explicarlles e coñecer, xunto coa USC, os avances do estudo froito do Convenio de colaboración para a posta en marcha dun plan integral de aproveitamento agronómico do regadío no Val de Lemos (Monforte de Lemos- Lugo), rubricado en maio de 2022.
Os traballos desenvolvidos ofrecerán un diagnóstico integral da zona de regadío do Val de Lemos e unha proposta de accións para o seu desenvolvemento futuro sostible como acción crave para a sustentabilidade da agricultura e a loita contra o cambio climático, desde un punto de vista legal, económico, social, produtivo e estrutural da zona.
Ademais, exporá as actuacións para realizar, do mesmo xeito que a súa implementación práctica, o custo asociado e as entidades que deberán de formar parte das solucións; todo iso cun enfoque acorde ás formulacións e restricións ambientais, sociais, territoriais e produtivas futuras.
"Era necesario partir dunha radiografía que reflectise a precaria situación do regadío, está a conseguirse o diagnóstico desde un punto de vista legal, económico, social, produtivo e estrutural da zona para conseguir o desenvolvemento sostible do recurso como paso previo a unha toma de decisións" explicou o presidente.
As actuacións, xa moi avanzadas, estruturáronse en 10 fases que se iniciaron coa recompilación, análise da documentación existente e traballos previos, para continuar con traballos de campo, elaboración de planos e fichas, caracterización e elaboración do SIG e as Bases de Datos Espaciais, diagnóstico social da comunidade de regadores, proposta da folla de ruta para a desafectación de parcelas de rega, proposta de modelos de cultivo, deseño e posta en marcha de plan de difusión con investidores para, como última fase, proceder á elaboración da documentación e os entregables do proxecto.
Este estudo incluirá, ademais, as actuacións necesarias, a súa implementación práctica, o custo asociado e as entidades que deberán de formar parte das solucións. Dentro desta dinámica está a dialogarse cos regadores como un elemento fundamental.
Actualmente estase desenvolvendo a fase participativa onde CHMS e USC están a dialogar cos regadores para coñecer de primeira man a opinión, compromiso e aspiracións.
"En breve será o momento de convidar a que outras administracións, coñecedoras da problemática, (Xunta e Concellos) a que se somen ao proxecto e conxugar todas as variables co obxectivo de solucionar a problemática de conxunto que vén de moi atrás e que vai necesitar unha nova visión sobre o parcelario que poida propiciar máis operatividade produtiva se se quere avanzar en serio" concluíu Quiroga.