A CHMS inviste 245.000 euros na mellora da capacidade de desaugadoiro do Regueiro de Forcadela no Barco de Valdeorras

La CHMS invierte 245.000 euros en la mejora de la capacidad de desagüe del Regueiro de Forcadela en O Barco de Valdeorras
  • Os traballos consistiron na demolición da antiga canle de desaugadoiro e do marco soterrado existente, reconstruíndo estas estruturas cunha xeometría e dimensións suficientes para o paso das enchentes.
  • A obra concluíu coa limpeza e recuperación ambiental da zona e a reposición dos servizos e pavimentación das superficies afectadas
  • Con estas actuacións evitaranse as inundacións recorrentes provocadas polo desbordamento do arroio

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, finalizou as actuacións de mellora da capacidade de desaugadoiro e recuperación do dominio público hidráulico no Regueiro de Forcadela – O Barco de Valdeorras (Ourense).

Esta mañá, o presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, e o alcalde do municipio, Alfredo L. García, visitaron a zona para comprobar o resultado dos traballos.

“A colaboración institucional é a clave para conseguir proxectos importantes para preservar e mellorar o estado dos nosos leitos fluviais e para valorizar a riqueza natural coa que se conta, sendo fundamental a implicación dos gobernos locais como canle de comunicación máis directo e claro, polo coñecemento que posúen das necesidades reais das zonas ás que representan” incidiu o presidente.

Descrición

O regueiro de Forcadela adéntrase no Barco de Valdeorras por un leito que se desbordaba en época de enchentes discorrendo a auga pola Travesía de Veigadecabo; para corrixir esta situación, a CHMS acometeu as obras de demolición da antiga canle de desaugadoiro e do marco soterrado existente, augas abaixo da obra de paso da N-120, para reconstruír estas estruturas cunha xeometría e dimensións suficientes para o paso das crecidas sen que se producisen desbordamentos.

Paralelamente levaron a cabo actuacións de limpeza e recuperación ambiental nunha lonxitude de 80 m en superficie, con proteccións constituídas por diques ata a cota das cheas ordinarias e elementos de bioinxeniería na franxa superior.

A obra concluíu coa reposición dos servizos afectados e pavimentación das superficies afectadas, supoñendo no conxunto das obras un investimento de 245.000 €.

261022 Foto1

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.