Organismo

En febreiro de 2007, o Consello de Ministros aprobaba por Real Decreto 125/2007 a creación das Demarcacións Hidrográficas Miño-Limia e Norte, O 22 de febreiro de 2008, dábase un paso máis coa aprobación do Real Decreto 266/2008 polo que se modificaba a Confederación Hidrográfica do Norte e dividíase en Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e Confederación Hidrográfica do Cantábrico. Asemade, con esta modificación, as demarcacións hidrográficas do Miño-Limia e do Norte, pasaron a chamarse do Miño-Sil e Cantábrica, respectivamente.

Organismo CHMSA Confederación Hidrográfica do Miño - Sil converteuse na máis xoven de todas as existentes na Península. Tal e como se pon de manifesto no citado Real Decreto, as novas confederacións sucederon a título universal á Confederación Hidrográfica do Norte nos bens, dereitos e obrigas desta, no que se refire aos seus respectivos ámbitos territoriais.

A Confederación Hidrográfica do Norte (CHN), chamada Confederación Hidrográfica do Norte de España (CHNE) ata 1989, foi creada polo Decreto 480/61 de 16 de marzo de 1961 (PDF-881K), o que a convertía na máis recente de todas as que existen na Península. A súa entrada en funcionamento fíxose con 35 anos de atraso respecto da primeira delas, a Confederación Hidrográfica do Ebro. O primeiro antecedente da Confederación Hidrográfica do Norte remóntanse a 1865, cando se constituíron as Divisións Hidrolóxicas de Santander e de Ourense.Organismo CHMS

No seu momento, o retraso na constitución da Confederación Hidrográfica do Norte podía explicarse pola complexidade administrativa e topográfica que caracterizaba o ámbito territorial sobre o que exercería competencias. Dende o punto de vista administrativo, o territorio das bacías fluviais que finalmente remataron incorporándose ao Organismo, pertencía a catorce provincias distintas (Navarra, Guipúzcoa, Álava, Vizcaya, Burgos, Santander, Palencia, Asturias, León, Zamora, Lugo, Ourense, A Coruña e Pontevedra), algunhas delas moi distantes entre si.

Contravindo a idea orixinal de organizar as confederacións hidrográficas en torno a un único e gran río, a Confederación Hidrográfica do Norte de Españsa comprendía, na súa orixe, máis de 670 cursos de auga que desembocan na mar. O máis importante de todos eles é o formado polo sistema fluvial Miño-Sil, pero tamén poden destacarse, de oeste a este, os ríos Limia, Lérez, Umia, Ulla, Tambre, Eume, Mandeo, Mera, Sar, Landro, Eo, Navia, Esva, Nalón-Narcea, Sella, Deva-Cares, Nansa, Saja-Besaya, Pas, Miera, Asón, Agüera, Nervión-Ibaizábal, Deba, Urola, Oria, Urumea e Bidasoa.

.

Recursos Hídricos Anuais

No tocante á relación entre recursos superficiais e subterráneos, pódese dicir que na Demarcación Hidrográfica Miño-Sil non existen unidades hidroxeolóxicas dignas de interese. Esta circunstancia, sumada á dos altos niveis de pluviometría que se dan en toda a bacía, determina que os recursos superficiais sexan claramente superiores aos subterráneos.

Analizando a situación dos ríos pertencentes ó eido Miño-Sil e Limia, pódense extraer as seguintes conclusións:

  • O Sil ten uns recursos medios totais de 5.110 hectómetros cúbicos ao ano, o que supón unha achega específica media anual de 637 milímetros. Esta contribución é moi irregular, destacando zonas con valores da contribución específica dobres respecto ao valor medio citado.Entre estes lugares destacan o mesmo Sil en primeiro lugar, así como o Cúa á altura de Anillares, Navea en Chandrexa e Lor en Villamar.
  • O Miño na confluencia co Sil ten uns recursos totais de 2.624 hectómetros cúbicos ao ano, equivalentes a 553 milímetros de achega específica.
  • No tocante ao Miño Baixo, que abarca as bacías do Miño e o Sil, a achega media é de 8.285 hectómetros cúbicos ao ano. Isto supón unha achega específica media anual de 504 milímetros.
  • Finalmente, o río Limia ofrece uns recursos totais de 648 hectómetros cúbicos ao ano, o que ven sendo 488 mm. de achega anual.

Táboa. Achegas específicas das superficies da bacía

Denominación

Superficie Km2

Aportación máxima anual (hm3/año)

Aportación media (hm3/año)

Aportación mínima anual (hm3/año)

Total Miño alto

4748

5189

2624

401

Total Sil superior

3995

4604

2174

140

Total Sil inferior

8020

8697

5110

796

Total Cabe

737

632

233

31

Total Miño baixo

16436

12889

8285

1332

Total Limia

1329

1388

648

97

DEMARCACIÓN TOTAL

17765

14277

8933

1429

 

Unidades Administrativas

Unidades AdministrativasExisten catro unidades administrativas que dependen directamente do Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil:

Comisaría de Augas

Dirección Técnica

Secretaría Xeral

Oficina de Planificación Hidrolóxica

Estructura Orgánica

14112024 Organigrama final para publicar

Presidente Secretario Técnico Director Técnico Jefe Oficina de Planificación Hidrolóxica Comisario de Augas

Funcións

As confederacións hidrográficas están concibidas pola Lei de Augas (artigo 19 e posteriores) como os Organismos responsables da Administración Hidráulica das concas intercomunitarias. O artigo 21 da Lei de Augas establece como funcións dos Organismos de bacía:

  • FuncionesA elaboración do Plan Hidrolóxico de bacía, así como o seu seguemento e revisión.
  • A administración e control do Dominio Público Hidráulico.
  • A administración e control dos aproveitamentos de interese xeral ou que afecten a máis dunha Comunidade Autónoma.
  • O proxecto, a construcción e explotación das obras realizadas con cargo ós fondos propios do Organismo, e as que lles sexan encomendadas polo Estado.
  • As que se deriven dos convenios con comunidades autónomas, corporacións locais e outras entidades públicas ou privadas, ou dos subscritos cos particulares.

Se ben, coa aprobación do Real Decreto 266/2008, e ao modificarse a CHN quedando dividida nas Confederacións Hidrográficas do Miño-Sil e do Cantábrico, as funcións de cada unha quedan recollidas no seu artigo 1 do seguinte modo:

  • A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil exercerá as funcións atribuídas á Confederación Hidrográfica do Norte no ámbito territorial da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil, á que se refire o artígo 3.1 do Real Decreto 125/2007, de 2 de febrero, polo que se fixa o ámbito das demarcacións hidrográficas.
  • A Confederación Hidrográfica do Cantábrico exercerá as funcións atribuídas á Confederación Hidrográfica do Norte no ámbito territorial da súa demarcación hidrográfica, á que se refire o artigo 3.1 do Real Decreto 125/2007, de 2 de febrero polo que se fixa o ámbito das demarcacións hidrográficas.

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.