Actuación cofinanciada con Fondos Europeos

Colectores xenerais do río Miño en Lugo. Tramo: N-VI

Descrición e datos técnicos
Situación
Lugo. Lugo
Tipo
Saneamento e depuración
Estado
Finalizada
Orzamento
19.611.779,34 euros
Financiamento
85% Fondo de Cohesión, 15% Augas de Galicia (Xunta de Galicia)
Prazo
35 meses
Obxectivo

O obxectivo da actuación foi construír unha nova infraestrutura de saneamento para servir a unha poboación de 50.000 habitantes que permite á cidade de Lugo cumprir coa directiva 91/271 sobre o tratamento das augas urbanas.
Esta actuación constitúe unha das catro actuacións de colectores en que se estruturou a "Mellora do saneamento de Lugo", obra declarada de interese xeral de Estado pola Lei 22/1997 do 8 de Xullo.

Descrición

A actuación consistiu na construción dun interceptor xeral, varios colectores secundarios e sete tanques de tormentas cunha capacidade de retención conxunta de 11.118 metros cúbicos. O interceptor xeral discorre ao longo da marxe esquerda do río Miño, cunha lonxitude aproximada de 4.352 metros construído en PRFV e con diámetros variables desde 800 ata 1200 mm.

Construíronse sete colectores secundarios para transportar as augas residuais ata os tanques de tormenta.

Colector secundario de Casás

  • Materiais: PRFV y HA
  • Diámetro: 2000 mm
  • Lonxitude total: 342 metros
  • Lonxitude hinca: 121 metros

Colector secundario de A Cheda

  • Materiais: PRFV y Galeria de HA "in situ"
  • Diámetros : 700 y 800 mm
  • Sección galería: 2.75 x 1.05 metros
  • Lonxitude total: 854 metros

Colector secundario de O Valiño

  • Materiais: PRFV
  • Diámetro: 1000 y 1200 mm
  • Lonxitude total: 321 metros

Colector secundario de Fingoi

  • Materiais: PRFV
  • Diámetro: 1000 mm
  • Lonxitude total: 597 metros

Colector secundario de La Tolda

  • Materiais: PRFV
  • Diámetro: 1800 mm
  • Lonxitude total: 385 metros

Rehabilitación de colectores existentes. Conexión saneamento existente con infraestrutura nova

  • Materiais: Manga de PRFV
  • Lonxitude: 113 metros

Colector secundario de San Fiz

  • Materiais: PRFV y HA clase V (Hinca)
  • Diámetro: 1600 mm
  • Lonxitude total: 576 metros
  • Lonxitud hinca: 162 metros

Colector secundario do Bombeo do Balneario

  • Materiais: HA clase V (Hinca)
  • Diámetro: 1200 mm
  • Lonxitude hinca: 118 metros

Tanques de Tormenta

Nesta actuación construíronse sete tanques de tormenta, seis deles funcionan por gravidade e un mediante bombeo.
A capacidade de retención total é de 11.117 metros cúbicos, o volume de retención é variable en función da conca drenante desde os 558 metros cúbicos do máis pequeno ata os 3.695 do maior.
Todos os tanques dispoñen de sistemas de retención de flotantes que evitan que estes cheguen ás canles durante os episodios de alivio.

15/04/2008 Recepción das obras
15/12/2007 Fin das obras
21/01/2005 Comezo das obras

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.