Actuación cofinanciada con Fondos Europeos

Obras de emerxencia para reparación de danos no dominio público hidráulico e marxes no río Selmo ao seu paso pola localidade de Friera. T.M. de Sobrado (León)

Descrición e datos técnicos
Situación
Friera, Sobrado. León
Tipo
Protección fronte a inundacións
Estado
Finalizada
Orzamento
49.699,54 euros
Financiamento
80% Fondo COHESIÓN-FEDER, 20% Fondos CHMS
Prazo
3 meses
Obxectivo

Recuperación da capacidade de desaugadoiro do río Selmo alterada considerablemente debido aos acarreos e arrastres provocados polas intensas choivas rexistradas na demarcación hidrográfica do Miño-Sil durante o inverno do 2014. Ademais, procédese á estabilización das ribeiras nos puntos afectados por episodios de erosión e inestabilidade.

Descrición

A actuación consistiu fundamentalmente na retirada de arboles de ribeira, maleza, ramas e restos vexetais.

Executáronse son as obras seguintes:

  • Retirada da canle, tronzado e desramado de 1.740 m3 de árbores arrincadas a tamaño para carga a camión.
  • Tratamento selvícola con despexe e roza manual de maleza e trituración in situ do desramado de árbores e demais restos vexetais nunha superficie de 2.970 m2.
  • Eliminación de tapóns formados por restos vexetais (troncos, ramas).
  • Melloras da capacidade de desaugadoiro das canles mediante rozas, retirada de acarreos, sedimentos e residuos de distinta natureza, que permitan reducir o risco de inundación e recuperar a sección de desaugadoiro.

 

05/08/2014 Recoñecemento e comprobación das obras
09/07/2014 Final das obras
11/04/2014 Comezo das obras

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.