A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, retomou as obras de rehabilitación do Muiño de Olga a finais de xuño, unha vez o nivel das augas do Miño permitiu traballar con seguridade.
O proxecto consiste na execución das obras necesarias para a cesión de uso á Universidade de Santiago de Compostela (USC) e destinalo a actividades de divulgación do Campus Terra e da Universidade en xeral, especialmente as relacionadas coa hidrología, xestión de recursos hídricos do río e a súa fauna, flora, construcións ou etnografía.
Con iso dáse cumprimento ao Convenio asinado entre a CHMS e a USC en data 31 de xullo de 2023, no que o organismo se comprometía a sufragar tanto a modificación do proxecto construtivo primitivo, como á execución da obra, a súa dirección e vixilancia e a coordinación da Seguridade e Saúde. O investimento total previsto superará os 750.000 euros.
O proxecto
"Actualmente, as obras están a recuperar o seu impulso inicial tras as inundacións do pasado inverno que obrigaron a paralizalas" explicou Quiroga. Pódense observar os elementos de protección cobren as fachadas e a estrutura da cuberta, que xa quedou completamente á vista.
"Tamén se realizan as primeiras mostras do rejuntado dos muros de cachotería, tan característicos para os numerosos usuarios do paseo do Miño que pasan a diario ao seu lado" engadiu o presidente.
O avance das obras tamén permitiu visualizar un acceso directo ás canles de entrada de auga que discorren baixo o piso da sala de moenda, onde se situaban os mecanismos hidráulicos.
A calidade da construción do edificio confírmase unha vez máis ao descubrir un acceso en forma de pirámide truncada con chanzos voladizos para facilitar o descenso ás canles de entrada de auga; ademais, os ocos de paso para as comportas de control de fluxo tamén se atoparon nos mesmos canles.
Melloraranse a demais elementos relacionados co fin orixe como é a instalación dun muíño harinero e unha miniturbina para a produción de enerxía eléctrica.
Por outra banda, procederase á adaptación do interior do edificio para os requirimentos actuais do seu novo uso docente-divulgativo como a insonorización de dependencia principal e a colocación de aseos adaptados.
"As características e singularidades desta edificación serán visibles, unha vez finalizadas as obras, para ofrecer ao visitante unha mostra de arquitectura hidráulica de notable calidade" concluíu Quiroga.