CHMS investirá 1.4 millóns de euros en mellorar o sistema de saneamento do municipio lucense de Taboada

"Existe unha dobre problemática, por unha banda, as verteduras procedentes das rúas Academia e Anduriñas que chegan a unha fosa séptica sen capacidade suficiente e, por outra banda, a vertedura da EDAR...

A CHMS e as universidades da Coruña e de Salamanca estudarán a estabilidade do túnel romano sobre o río Sil en Montefurado

"Obterase información científico-técnica sobre as condicións de estabilidade e resistencia dos materiais do túnel e do macizo rochoso no que se asenta, así como das condicións hidrodinámicas do río Sil...

A CHMS mellora o saneamento do municipio ourensán de Vilar de Barrio cun investimento total de 700.000€

"Actuacións executadas en 2 fases, na 1ª procedeuse á construción de 6 pequenas depuradoras compactas e na 2ª, actualmente en execución, constrúense 2 máis coas que se completará o total do proxectado"...

A CHMS inviste máis de 120.000 euros nunha obra de paso sobre o río Bidueiro no municipio ourensán de Rairiz de Veiga

"Procedeuse á demolición da infraestrutura antiga e en moi mal estado, para executar unha nova, que conta coa capacidade hidráulica suficiente tal e como esixe a normativa" explicou Quiroga

LaboratorioO Laboratorio de análise das augas da Confederación Hidrográfica do Miño - Sil, situado en Ourense, entrou en servizo no ano 1990 e ten asignados os controis analíticos de calidade das augas e vertidos no eido xeográfico do Plan Hidrolóxico Norte I.

Por outra parte, realiza actuacións relacionadas coa clasificación dos laboratorios das empresas colaboradoras e dirixe e/ou colabora en todos os estudos, contratos e actuacións relacionadas co control da calidade das augas.

Algúns dos procedementos cos que se traballa neste laboratorio son:

  • Espectrometría Masas-ICP
  • Espectrofotometría de ICP
  • Espectrofotometría de Absorción Atómica
  • Cromatografía de Gases-Espectrofotometría de Masas (CG/MS)
  • Cromatografía líquida HPLC
  • Cromatografía de Gases ECD
  • Cromatográfica lónica

Ademais, está acreditado pola Entidade Nacional de Acreditación, conforme aos criterios recollidos na Norma UNE-EN ISO/IEC 17025:2000 (CGA-ENAC-LEC).

O alcance da acreditación actual (PDF-91KB) está publicado na páxina web da Entidade Nacional de Acreditación (ENAC).

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.