CHMS investirá 1.4 millóns de euros en mellorar o sistema de saneamento do municipio lucense de Taboada

"Existe unha dobre problemática, por unha banda, as verteduras procedentes das rúas Academia e Anduriñas que chegan a unha fosa séptica sen capacidade suficiente e, por outra banda, a vertedura da EDAR...

A CHMS e as universidades da Coruña e de Salamanca estudarán a estabilidade do túnel romano sobre o río Sil en Montefurado

"Obterase información científico-técnica sobre as condicións de estabilidade e resistencia dos materiais do túnel e do macizo rochoso no que se asenta, así como das condicións hidrodinámicas do río Sil...

A CHMS mellora o saneamento do municipio ourensán de Vilar de Barrio cun investimento total de 700.000€

"Actuacións executadas en 2 fases, na 1ª procedeuse á construción de 6 pequenas depuradoras compactas e na 2ª, actualmente en execución, constrúense 2 máis coas que se completará o total do proxectado"...

A CHMS inviste máis de 120.000 euros nunha obra de paso sobre o río Bidueiro no municipio ourensán de Rairiz de Veiga

"Procedeuse á demolición da infraestrutura antiga e en moi mal estado, para executar unha nova, que conta coa capacidade hidráulica suficiente tal e como esixe a normativa" explicou Quiroga
Meandro Miño-Sil

De acordo co Anuncio da Dirección General del Agua, do 27 de marzo de 2023, (BOE do 30 de marzo de 2023) iníciase o período de audiencia e información pública durante tres meses (conforme ao artigo 83.quater do Regulamento da Planificación Hidrolóxica) ata o 30 de xuño de 2023, da Proposta de proxecto de revisión do Plan Especial de Seca da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil e do documento ambiental estratéxico referente ao proceso de avaliación ambiental estratéxica asociado ao mísmo (artigo 29 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental).

Dentro dese prazo, poderanse realizar as aportacións e formular cantas observacións e suxestións se estimen convenientes dirixidas á Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A.

Os documentos que conforman o proxecto do novo plan especial de seca e o seu documento ambiental estratéxico (DAE, artigo 29 da Lei 21/2013), pódense consultar nos seguintes enlaces:

MEMORIA PLAN ESPECIAL DE SECA DA PARTE ESPAÑOLA DA DH MIÑO-SIL

ANEXOS Á MEMORIA

ANEXO I. RÉXIME DE CAUDAIS ECOLÓXICOS MÍNIMOS EN SITUACIÓNS ORDINARIAS E DE SECA PROLONGADA. CAUDAIS DE DESENCORO.

ANEXO II. LISTAXE DE UNIDADES DE DEMANDA.

ANEXO III. LISTAXE DE UNIDADES DE DEMANDA. MODELOS DE AQUATOOL.

ANEXO IV. ANÁLISE DE SECAS HISTÓRICAS. PERÍODO 1940-2018. FICHAS ANÁLISE SPI.

ANEXO V. ANÁLISE DE SECAS HISTÓRICAS. PERÍODO 2019-2023.

ANEXO VI. FICHAS SOBRE A AVALIACIÓN DOS IMPACTOS SOCIOECONÓMICOS DA ESCASEZA CONXUNTURAL.

ANEXO VII. COMPARACIÓN DO ÍNDICE DE SECA PROLONGADA CO CUMPRIMENTO DO RÉXIME DE CAUDAIS ECOLÓXICOS DAS APORTACIÓNS NATURAIS.

ANEXO VIII. FICHAS DOS PLANS DE EMERXENCIA DE SISTEMAS DE ABASTECEMENTO QUE ATENDEN A MÁIS DE 20.000 HABITANTES.

ANEXO IX. RECORTES DE PRENSA DO EPISODIO DE SECA DO ANO 2022

ANEXO X. INFORMES POST-SECA.

DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.