A CHMS e as universidades da Coruña e de Salamanca estudarán a estabilidade do túnel romano sobre o río Sil en Montefurado

"Obterase información científico-técnica sobre as condicións de estabilidade e resistencia dos materiais do túnel e do macizo rochoso no que se asenta, así como das condicións hidrodinámicas do río Sil...

A CHMS mellora o saneamento do municipio ourensán de Vilar de Barrio cun investimento total de 700.000€

"Actuacións executadas en 2 fases, na 1ª procedeuse á construción de 6 pequenas depuradoras compactas e na 2ª, actualmente en execución, constrúense 2 máis coas que se completará o total do proxectado"...

A CHMS inviste máis de 120.000 euros nunha obra de paso sobre o río Bidueiro no municipio ourensán de Rairiz de Veiga

"Procedeuse á demolición da infraestrutura antiga e en moi mal estado, para executar unha nova, que conta coa capacidade hidráulica suficiente tal e como esixe a normativa" explicou Quiroga

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil amplía a rede SAIH cunha nova estación no río Barbaña, en Ourense

As estacións SAIH proporcionan datos cada 5 minutos ao Centro de Control de conca (CECU), para facilitar a toma de decisións #ante posibles situacións de risco O investimento ascende a 48.381 €, dos...
El presidente de la CHMS crea una comisión de seguimiento para dar solución temporal a la problemática del regadío de A Limia
  • Hoxe mantivo un encontro con 4 Comunidades de Regadores da Limia: Corno do Monte, San Salvador de Sabucedo, Alta Limia e Lamas–Ganade
  • A CHMS asesorará ás CCRR na legalización de pozos a través dos que poder regar con garantía legal
  • “Esta solución é necesaria nunha comarca cuxa actividade económica xira en torno ao campo” explicou Quiroga

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, mantivo un encontro coas Comunidades de Regadores da Limia, Corno do Monte, San Salvador de Sabucedo, Alta Limia e Lamas–Ganade, co interese de dar solución á problemática de regadío na zona.

“Estamos ante unha solución temporal, previa á necesaria modernización do regadío, nunha zona cuxa actividade económica xira en torno ao campo. As comunidades de regadores levan anos demandando unha solución para unha comarca con singularidade propia”, comentou o presidente da CHMS.

“A modernización do regadío é a solución a medio prazo, supón un investimento importante e a execución da mesma require dun proxecto pormenorizado, a súa correspondente tramitación administrativa e un prazo de execución, mentres tanto a solución temporal levará a cabo coa creación dunha Comisión de Seguimento a través da CHMS asesorará ás CCRR na tramitación de pozos que faciliten a rega das parcelas con garantía legal, evitando así as extraccións ilegais de auga” explicou Quiroga.

“Desde o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico estamos en disposición de avanzar nesta problemática e habemos de buscar, xunto cos regadores, a solución idónea que permita manter a actividade económica da comarca sen poñer o perigo o medio ambiente”, concluíu Quiroga.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.