Ourense, 28 de Maio de 2019
De acordo co apartado 1 do artigo 21 do Real Decreto 903/2010, de 9 de xullo, de avaliación e xestión de riscos de inundación, a Avaliación Preliminar de Risco de Inundacións ( EPRI) actualizarase como moi tarde o 22 de decembro de 2018, e a continuación cada seis anos.
A tales efectos, a documentación da “Revisión e Actualización da EPRI-2º Ciclo” da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil someteuse a consulta pública nesta páxina WEB e nas oficinas da Comisaría de Augas (Comisaría Adxunta – Rúa Progreso, nº 6 – 32003 – Ourense) por un prazo de 3 meses, tras a súa publicación no BOE nº 226 de 18/09/2018.
De acordo co apartado 4 do artigo 7 do citado Real Decreto 903/2010, tras finalizar o período de consulta pública da EPRI de 2º ciclo (18 de decembro de 2018) e unha vez analizadas e informadas as alegacións, o documento final da revisión e actualización da Avaliación Preliminar de Risco de Inundacións ( EPRI) someteuse a informe do Comité de Autoridades Competentes da Demarcación, regulado no R.D. 126/2007, do 2 de Febreiro, en reunión de data 21 de febreiro de 2019, informando o mesmo favorablemente.
Finalmente, de conformidade co artigo 7.5 do citado Real Decreto 903/2010, unha vez informada favorablemente o 8 de abril de 2019 polo Consello Nacional de Protección Civil e cumpridos os trámites establecidos na normativa, por resolución de data 12 de abril de 2019 ( B.O.E. nº 126 de 27/05/2019 ) o Ministerio para a Transición Ecolóxica acordou aprobar a revisión e actualización da Avaliación Preliminar do Risco de Inundación ( EPRI) da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil.
Exponse nesta páxina WEB, o documento final da "Revisión e Actualización da EPRI-2º Ciclo" da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil”, aprobado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica.
EPRI - 2º ciclo
(Revisión e Actualización da Avaliación Preliminar de Riscos de Inundación).
ENLACE FASES PREVIAS
DÚBIDAS E COMENTARIOS
Co obxectivo de enriquecer e mellorar esta documentación que pretenden reducir as consecuencias negativas das inundacións sobre a poboación, as actividades económicas, o medio ambiente e o patrimonio cultural en base ao disposto na Directiva 2007/60/CE e o Real Decreto 903/2010, habilítase a seguinte dirección electrónica: