La CHMS se ve obligada a rescindir de nuevo el contrato para la reconstrucción del caneiro de Olga

A CHMS vese obrigada a rescindir de novo o contrato para a reconstrución do caneiro de Olga

  • “Un ano máis o “bloqueo” da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia impídenos executar unha obra tan importante e necesaria para este tramo lucense do Miño”, indicou Quiroga
  • “Estamos decepcionados e descoñecemos a que obedece esta falta de resposta, tendo en conta que a propia conselleira, en declaracións aos medios efectuadas o pasado 11 de xullo, indicou que o traslado sería autorizado tendo en conta que se trata dunha colonia de apenas 2.000 exemplares” engadiu o presidente
  • “Na solicitude efectuada o pasado mes de maio, facíase especial fincapé en que o prazo de execución era de 3 meses desde a autorización e en que só se podería traballar en época de estiaxe; o que nos obriga a suspender as obras de novo” engadiu Quiroga
La CHMS finaliza las obras de reconstrucción de Ponte Soutelo ubicado en el municipio ourensano de Bande

A CHMS finaliza as obras de reconstrución de Ponte Soutelo situado no municipio ourensán de Bande

  • Rehabilitouse unha ponte histórica, de 5 vans, que cruza o río Limia, e do que existen referencias desde 1804 empregando técnicas respectuosas co valor histórico do mesmo
  • O investimento final superou os 135.500 €, actuacións incluídas no Proxecto Europeo Poctep "Fronteira Esquecida"
  • Hoxe foron entregadas as obras ao Concello, titular da infraestrutura, para o seu mantemento e conservación
La CHMS mejorará el entorno, la accesibilidad y el patrimonio etnográfico del rio Caselas en el municipio pontevedrés de Tui

A CHMS mellorará a contorna, a accesibilidade e o patrimonio etnográfico do rio Caselas no municipio pontevedrés de Tui

  • “Este organismo colabora cos concellos na recuperación do patrimonio natural e etnográfico presente na demarcación co ánimo de poñer en valor os ríos e a súa contorna para o uso e goce da cidadanía” explicou Quiroga
  • Procederase á restauración e posta en valor dos muíños Do Medio, en O Souto de Arriba, e do Muiño da Seña
  • Executarase unha senda peonil paralela ao río Caselas, pola súa marxe dereita, ao longo do municipio
La CHMS acuerda con la USC la cesión del Muiño de Olga como punto de divulgación científica

A CHMS acorda coa USC a cesión do Muiño de Olga como punto de divulgación científica

  • A CHMS executará as obras de adaptación das instalacións actuais, actuacións nas que investirá preto de 900.000 euros
  • A USC dará un uso divulgativo a esta instalación para dedicalo principalmente a temas relacionados coa hidroloxía, xestión de recursos do río, ecosistemas fluviais ou etnografía
  • “Establécese o marco de colaboración que permite dotar de contido ao Muiño de Olga, valorizando ríos e as infraestruturas fluviais tradicionais presentes, sobre todo, na parte lucense da demarcación do Miño-Sil” explicou Quiroga
La CHMS adjudica las obras de prolongación de la senda del río Badella a su paso por el municipio ourensano de Bande

A CHMS adxudica as obras de prolongación da senda do río Badella ao seu paso polo municipio ourensán de Bande

  • Construirase un sendeiro de 800 metros e procederase á limpeza de leito e marxes
  • O investimento estimado superará os 275.000 €, que serán sufragados nun 80% pola CHMS e o 20% restante pola Deputación Provincial de Ourense

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.