A CHMS substituirá a obra de paso sobre o río do Portiño no municipio lucense do Saviñao

La CHMS sustituirá la obra de paso sobre el río do Pontiño en el municipio lucense de O Saviñao
  • O investimento necesario estímase en 150.000 euros, que serán sufragados en porcentaxe 80% pola CHMS e o 20% restante polo Concello
  • O obxectivo é mellorar a mobilidade, a seguridade e a comunicación dos veciños do lugar de Ourigo
  • A infraestrutura proxectada, a diferenza da actual, contará coa capacidade de desaugadoiro que esixe a normativa e permitirá restablecer o tráfico a través da estrada agora cortada

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e o alcalde do Saviñao, Juan Carlos Armesto, rubricaron hoxe o Convenio que posibilita as actuacións necesarias para executar unha obra de paso sobre o río Portiño, no lugar de Ourigo, afectada por intensas enchentes de caudal que provocaron o corte ao tráfico da infraestrutura existente, co consecuente prexuízo para os veciños.

A actuación consistirá na retirada dos restos da infraestrutura preexistente e a limpeza do leito na zona afectada, como paso previo ao comezo das obras da nova ponte que está deseñada cunha sección suficiente para o paso da máxima enchente indicada polo plan hidrolóxico vixente. Ademais está proxectada a reposición do pavimento da estrada afectado por estas obras.

“En aras da colaboración entre administracións, esta Confederación Hidrográfica do Miño-Sil cofinanciará as actuacións necesarias para construír unha nova obra de paso que, cumprindo coas prescricións do plan hidrolóxico vixente, teña a capacidade de desaugadoiro suficiente e permita restablecer o tráfico a través da estrada agora cortada” explicou o presidente.

O investimento necesario estímase en 150.000 euros, que serán sufragados en porcentaxe 80% pola CHMS e o 20% restante polo Concello.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.