A reserva hidráulica española está ó 64,4% da súa capacidade total. Hoxendía conta con 35.773 hm³ de auga embalsada, o que representa unha diminución durante este periodo de -530 hm3 (o -1,0%) con respecto ós níveles da semana anterior, con variacións entre -138 hm³ no Ebro e 16 hm³ en Galicia Costa. As precipitacións foron especialmente abondosas nas concas da Vertiente Atlántica. A máxima volveu a producirse en Vigo con 43,6 mm (43,6 l/m2),. Nesta localidade a pasada semana as precipitacións foron de 39,0 mm (39,0 l/m2).
O vindeiro luns 18 de xuño, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil- CHMS-, Organismo Autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente -MAGRAMA-, comezará a 2ª fase das obras de reparación da pasarela peonil sobre o río Miño, en Oira.
A directora xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e Medio Natural do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA), Guillermina Yanguas, defendeu hoxe a postura de España, no marco da Unión Europea, "por unha xestión integrada da auga e polo dereito humano ao acceso a este ben escaso".
A reserva hidráulica española está ó 65,3% da súa capacidade total. Actualmente conta con 36.303 hm³ de auga embalsada, o que representa unha diminución durante este periodo de -452 hm3 (o -0,8%) con respecto ós níveis da semana anterior, con variacións entre -90 hm³ no Guadiana e 2 hm³ no Cantábrico. As precipitacións foron escasas en todo o territorio nacional. A máxima tivo lugar en Vigo con 39,0 mm (39,0 l/m2).