O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil -CHMS- e o subdelegado do Goberno en Lugo visitan o Concello de Guitiriz

Os problemas co abastecemento e un proxecto de acondicionamento e restauración de marxes foron os temas claves que se trataron neste encontro

Proximidade e colaboración cos concellos, obxectivos principais desta etapa

A reserva hidráulica española encóntrase ao 52,9% da súa capacidade total

Aumenta en 291 Hm3 respecto á semana anterior


 A reserva hidráulica española está ao 52,9% da súa capacidade total. Actualmente hai 29.272 hm³ de auga embalsada, o que representa un aumento durante este período de 291 hm3 (o 0,5%) con respecto aos niveis da semana anterior, con variacións entre -51 hm³ en Texo e 224 hm³ en Ebro.

A reserva por ámbitos é a seguinte:
  • Cantábrico encóntrase ao 68,1%
  • Miño-Sil ao 45,1%,
  • Galicia Costa 54,5%
  • Concas internas do País Vasco ao 90,5%
  • Douro ao 31,9%
  • Tajo ao 40,6%
  • Guadiana ao 65,5%
  • Conca Atlántica Andaluza ao 73,4%
  • Guadalquivir ao 70,2%
  • Conca Mediterránea Andaluza ao 71,8%
  • Segura ao 46,8%
  • Júcar ao 39,7%
  • Ebro ao 58,7%
  • Concas internas de Cataluña ao 56,9%
As precipitacións afectaron ás concas da Vertente Atlántica. A máxima produciuse en San Sebastián-Donostia, con 73,0 mm (73,0 l/m2).
 
A situación das concas a data de hoxe, en hectómetros cúbicos, detállase no cadro adxunto:
 

 

 

AMBITOS

RESERVA TOTAL EMBALSADA

Capacidade

Total

Ano

Actual

Ano

Anterior

Media

10 Anos

Cantábrico

633

431

350

437

Miño-Sil

3.030

1.366

1.578

1.877

Galicia Costa

684

373

343

436

Concas internas do País Vasco

21

19

16

16

Douro

7.507

2.392

4.116

4.314

Tajo

11.012

4.474

5.957

5.628

Guadiana

8.635

5.659

6.648

5.341

Cuenca Atlántica Andaluza

1.880

1.380

1.487

1.087

Guadalquivir

8.101

5.686

6.317

4.126

Vertente Atlántica

41.503

21.780

26.812

23.262

Conca Mediterránea Andaluza

1.177

845

818

445

Segura

1.141

534

614

269

Júcar

3.336

1.326

1.700

980

Ebro

7.493

4.402

3.793

4.300

Concas internas de Cataluña

677

385

630

453

Verteente Mediterránea

13.824

7.492

7.555

6.447

Total peninsular

55.327

29.272

34.367

29.709

 

Descargar PDF

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil -CHMS- realiza unha visita institucional aos Concellos de Chantada e Taboada acompañado polo subdelegado do Goberno en Lugo

O abastecemento de auga a estas poboacións, tema central dos encontros

 
Deuse a coñecer os rexedores un proxecto que evitará futuras avidas mediante o acondicionamento de marxes e a estabilización de noiros debilitados 

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil -CHMS- e o Alcalde do Carballiño supervisan os traballos de limpeza e acondicionamento de marxes do río Arenteiro

Estanse a tallar e retiran da canle os ameneiros afectados pola praga do 2009

 A madeira cortada e amoreada poñerase a disposición de Cáritas para a súa distribución entre as familias máis necesitadas

Federico Ramos avoga por unha maior integración das políticas de auga coas medidas sectoriais da Unión Europea

O Secretario de Estado de Medio propón impulsar as tecnoloxías en materia de auga para avanzar cara á economía verde

Destaca o compromiso adquirido no cumio de Nacións Unidas para o Desenvolvemento Sostible Rio+20 do dereito humano á auga e ao seu saneamento

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.