Ourense

OURENSE - OFICINA TERRITORIAL DE OURENSE Y PONTEVEDRA DE COMISARÍA DE AGUAS. OFICINA TERRITORIAL DE SERVICIOS TÉCNICOS DE DIRECCIÓN TÉCNICA

Progreso, 6
32071 OURENSE

Teléfono Tfno Comisaría de Aguas: 988366180
E-mail E-mail: registro.ourense@chminosil.es

Teléfono Tfno Dirección Técnica: 988366181
E-mail E-mail: dt.ourense@chminosil.es

Fax Fax: 988366175

Pontevedra

PORRIÑO - OFICINA TERRITORIAL DE DIRECCIÓN TÉCNICA.

Avda. Buenos Aires, 23
36400 PORRIÑO (PONTEVEDRA)

Teléfono Tfno: 986344550
Fax Fax : 986344545
E-mail E-mail: dt.porrino@chminosil.es

León

 

PONFERRADA - OFICINA TERRITORIAL DE COMISARÍA DE AGUAS Y DIRECCIÓN TÉCNICA

Casa Administración Pantano de Bárcena del Bierzo
24400 PONFERRADA (LEÓN)

Teléfono Teléfono: 987456030
Fax Fax Dirección Técnica: 987413035
Fax Fax Comisaría de Aguas: 987409958
E-mail E-mail: dt.ponferrada@chminosil.es

 

Descrición

As bacías do Miño e Limia atravesan Galicia e o norte de Portugal, mentres que a do Sil ten unha pequena parte en Asturias, case a metade en León e o resto en Galicia. Tanto o Miño como o Sil son ríos captores que se foron interiorizando nos montes galegos e na cordilleira cantábrica, estructurando unha rede que cubre boa parte do macizo hercínico do chamado xeonllo ástur.

Cañones del SilAs maiores alturas de Galicia atópanse nas serras orientais (Ancares, Caurel, Segundera, Queixa e San Mamede). Estas son: Pena Trevinca (2095 m.), Penarrubia (1826 m.) e Cabeza de Manzaneda (1778 m.) Cara ao oeste atópase a meseta central lucense (Terra Cha) unha extensa chaira.

O percorrido dos tres ríos, Miño, Sil e Limia, a través do macizo hespérico é un bo exemplo da acomodación fluvial á pauta tectónica. As tres nesgan as estructuras hercínicas e se adaptan a dúas das principais direccións de fractura do macizo: a Norte-Sur e a Norte-Sudoeste.

A xénese destes ríos e a súa forte labor erosiva sobre materiais, en xeral moi resistentes, determinaron a formación de vales profundos, estreitos e pendentes, que só se abren e suavizan cando percorren algunha depresión intramontañosa.

As bacías do Miño, o Sil e a parte española do Limia ten unha ordenación fundamentalmente lineal, formando vales alongados nos que se centra o río principal, que recibe moitos afluentes por ámbalas dúas beiras.

A bacía do Miño-Sil ten unha superficie de 17.619 Km2. O Miño ten unha bacía de 8.288 Km2 e unha lonxitude de 315,15 Km Nace na serra de Meira e desemboca no esteiro de A Guarda, deixando ao Norte o Santa Tegra e facendo fronteira con Portugal. Os seus afluentes mais importantes son, pola esquerda: o Neira, o Sil, o Arnoia, o Mouro (Portugal) e o Coura (Portugal); pola dereita: o Avea, o Tea e o Louro.

O Sil nace na vertente leonesa de Somiedo, a máis de 1.500 m de altitude. Atravesa as comarcas de Laciana e o Bierzo, entra en Galicia e desemboca no Miño pola dereita nos Peares, o sur de Monforte de Lemos . Ten unha bacía de 7.987 Km2 e unha lonxitude de 233,9 Km. E digno de mención o seu espectacular encaixamento nos canóns do Sil. Os seus principais afluentes nas terras galegas son, pola esquerda: o Bibei, o seu principal afluente e o Navea; pola dereita: o Lor e o Cabe.

Tanto o Miño como o Sil son dous ríos constitúen unha das principais rexións produtoras de enerxía eléctrica de España.

Xeoloxía

Mapa Litológico CH Miño-Sil

Mapa litolóxico da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil Descargar imaxe

A bacía Miño-Sil aséntase sobre terreos hercínicos do Macizo Hespérico, é por iso que a maior parte dos seus afloramentos corresponden a formacións precámbricas, paleozoicas e cristalinas.

Concretamente, sitúase entre dúas zonas do Macizo Ibérico: o Macizo Galaico-Portugués e, en menor medida, na zona Asturoccidental - Leonesa.

No referente a grupos litolóxicos, son maioritarios os materiais metamórficos, seguidos polos de orixe ígnea. Sobre estes materiais sitúanse, tamén, algúns recubrimentos detríticos.

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.