O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil -CHMS-cumpre os seus compromisos co Bierzo

A proposta de participación no proxecto de recuperación da Fonte do Xofre tema principal da reunión coa Ciuden

"As solicitudes de información de alcaldes e asociacións son o contacto do Organismo cos cidadáns", indica Marín

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil -CHMS-, Organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, Francisco Marín, reuniuse nas oficinas de Ponferrada, cos alcaldes de Trabadelo e Barjas e coas Asociacións de Veciños do Barrio da Estación e de Romeiros do Pantano de Bárcena. Aproveitando esta xornada na zona, Francisco Marín, visitou as instalacións da antiga Central da Fonte do Xofre acompañado por varios técnicos do Organismo e posteriormente reuníronse co Director da Ciuden para falar acerca das posibilidades que ofrece o proxecto de recuperación desta central.

 
Ricardo Fernández e Alfredo de Arriba, alcaldes de Trabadelo e Barjas, solicitaron información acerca dun expediente de concesión para aproveitamento de auga no río Barjas con destino a produción de enerxía eléctrica- Salto de San Fiz do Seo- que, actualmente, está en exposición pública nos seus respectivos concellos e do que os veciños lles requiriron determinada información puntual.
 
Os Veciños do Barrio da Estación, a través do seu presidente, formularon durante o encontro varias cuestións acerca do "Proxecto de acondicionamento das marxes do río Sil" "ao seu paso" por Ponferrada". Francisco Marín explicoulles que o obxectivo deste proxecto é a execución das obras necesarias que permitan a prevención e protección das zonas urbanas nos episodios de eventuais avenidas e desbordamentos. Por outra parte indicou que, ao ser un proxecto financiado con Fondos Europeos, non é posible incluír as actuacións propias de urbanización que nos solicitan.
 
Pola súa banda, a Asociación de Romeiros do Pantano de Bárcena, explicaron a Marín a historia desta asociación e os actos que organiza cada ano, e solicitaron do Organismo un proxecto de recuperación dun antigo sendeiro que discorre entre Fonte do Xofre e Bárcena e que é moi demandado polos membros da Asociación. O presidente mostrouse receptivo a este e puxo de manifesto a predisposición do Organismo a acometelo no momento en que a situación económica mellore ou en colaboración con outras Administracións competentes nesta materia.
 
Continuando coa rolda de reunións, Marín mantivo un encontro co Director da Ciuden -Melchor Ruiz- para falar acerca do proxecto de recuperación da Fonte do Xofre, promovido pola CHMS. O presidente explicoulles o proxecto e propúxolles formar parte deste, no que respecta á musealización do edificio da antiga central e na recuperación dun sendeiro que vai dende a Central de MSP ata a Central da Fonte do Xofre. O director da Ciuden mostrouse moi interesado neste proxecto e quedaron en que o estudarían e volverían reunirse para pechar posturas. Entrementres, prevese crear un grupo de traballo técnico, formado por persoal de ambas as dúas institucións, para o estudo conxunto do proxecto.
 
Por outra parte, Marín aproveitou para presentar na Ciuden ao novo Comisario Adxunto da CHMS - Pedro Juan Moreno Sánchez- Ingeniero de Caminos, Canles e Portos procedente da Confederación Hidrográfica do Douro, funcionario cun perfil moi técnico e co pulo e as ganas de colaboración que require esta Administración Hidráulica para este posto concreto.

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.