
Estanse a tallar e retiran da canle os ameneiros afectados pola praga do 2009
O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil-, Organismo Autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, realiza unha visita institucional ao concello do Carballiño, coa intención de coñecer, de primeira man, as impresións do rexedor acerca da marcha dos traballos de limpeza e acondicionamento marxes do río Arenteiro, ao seu paso por este municipio.
Para levar a cabo estas actuacións de restauración estanse a utilizar técnicas de bioingeniería colocando estacas de salgueiro verde cravadas ao firme e atadas entre se e aos biorrollos para completar a estacada. Para rematar, taparanse e acondicionarán os noiros coa mesma terra extraida e colocarase malla de coco para suxeitar o terreo, consolidando a estabilización co estaquillando de brotes de salgueiro recollidos na zona. Os traballos estanse a realizar, segundo instrucións do Organismo, respectando a vexetación e fauna autóctonas.