
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico intensifica os traballos de conservación e mellora dos leitos da demarcación co obxectivo de favorecer a adaptación ao cambio climático e a prevención do risco de inundacións.
Actuacións que supoñen un investimento de 7.811.922€, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), cunha achega do do 60% do orzado, 4.687.153€; no marco do Programa Operativo Plurirexional de España 2021-2027. Cabe indicar que o pasado 11 de marzo a Dirección Xeral de Servizos do MITECO comunicou a resolución de cofinanciamento e as condicións da mesma, con carácter retroactivo desde 2023.
Enmarcado no “Servizo de conservación e mellora ambiental dos leitos da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil en Galicia 2023”, iniciado o 19/06/2023, cun período de vixencia de 36 meses e executado no ámbito territorial da CHMS en Galicia (provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra).
“Traballos programados co obxectivo de conservar e restaurar a hidromorfoloxía natural dos leitos para mellorar a súa resiliencia e adaptación ao cambio climático” explicou Quiroga.
“Ao mesmo tempo, preténdese minimizar o risco de inundacións en núcleos urbanos, infraestruturas ou parcelas próximas aos leitos fluviais; mediante traballos selvícolas cos que se conseguirá mellorar ou restaurar o bosque autóctono de ribeira, recuperando a morfoloxía fluvial natural a través da retirada de barreiras artificiais que modifiquen o comportamento do río” incidiu o presidente.
“Realizaranse, ademais, actuacións de restauración hidrolóxico-forestal para o control da erosión e a protección de marxes en zonas concretas, a través de solucións baseadas en técnicas non invasivas e ambientalmente sostibles” concluíu o presidente.
Estas actuacións enmárcanse dentro do Obxectivo Específico 2.4, que pretende “Favorecer a adaptación ao cambio climático e a prevención do risco de catástrofes, así como a resiliencia, tendo en conta os enfoques baseados nos ecosistemas”, que están suxeitas ao cumprimento da Condición Favorecedora 2.4 “Marco eficaz de xestión do risco de catástrofes “de acordo co establecido no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello.
Actuacións en execución (Semana 5 a 9 maio)
LUGO:
LEITO |
T.M. |
OBSERVACIÓNS |
CABE |
POBRA DE BROLLÓN |
Traballos selvícolas en 1.650 m de río próximos a unha Área de Risco Potencial Significativo de Inundacións e Espazo Rede Natura 2000 (19,710 €). |
MIÑO |
A PASTORIZA |
Traballos selvícolas en 250 m de río nunha Área de Risco Potencial Significativo de Inundacións (4.050 €). |
ÚBEDA |
A PASTORIZA |
Eliminación de obstrución puntual en 50 m de río (1.350 €). |
SARRIA |
SARRIA |
Traballos selvícolas en 400 m de río nunha Área de Risco Potencial Significativo de Inundacións (9.450 €). |
SARRIA |
SAMOS |
Eliminación de obstrución puntual en 150 m de río nunha Área de Risco Potencial Significativo de Inundacións (1.350 €). |
NEIRA |
BARALLA |
Eliminación de obstrución puntual en 100 m de río (1.350 €). |
MIÑO |
LUGO |
Traballos selvícolas en 500 m de río nunha Área de Risco Potencial Significativo de Inundacións e Espazo Rede Natura 2000 (25.650 €). |
CABE |
MONFORTE DE LEMOS |
Traballos selvícolas e restauración de hidromorfología fluvial en 1.1950 m de río nunha Área de Risco Potencial Significativo de Inundacións (99.900 €). |
PONTEVEDRA:
LEITO |
T.M. |
OBSERVACIÓNS |
RIO TERMES |
AS NEVES |
Erradicación de vexetación exótica invasora en 3.630 m de río: Phyllostachys sp (bambú negro), Arundo donax (cana común) e Acacia dealbata (mimosa). O tramo atópase en Espazo Rede Natura 2000 (44.443,18 €). |
RIO XINZO |
PONTEAREAS |
Traballos selvícolas en 4.090 m de río. O tramo inclúe unha Área de Risco Potencial Significativo de Inundacións e atópase parcialmente en Espazo Rede Natura 2000 (41.706,49 €). |
LEITO |
T.M. |
OBSERVACIONES |
RÍO ARNOIA |
ALLARIZ/ A MERCA / CARTELLE / CELANOVA |
Eliminación de 5 obstrucións puntuais, incluíndo unha Área de Risco Potencial Significativo de Inundacións (12.700,00 €). |
CANLE PRINCIPAL DA LAGOA DE ANTELA |
VILAR DE BARRIO |
Traballos selvícolas en 3.373 m de río en Espazo Rede Natura 2000 (21.000,00 €). |
REGATO DE ALONGOS |
TOÉN |
Traballos selvícolas en 660 m de río (10.800,00 €). |
REGUEIRO DE VALDAFRANCA |
VIANA DO BOLO |
Traballos selvícolas en 100 m de río en Espazo Rede Natura 2000 (1.350 €). |
RÍO BARBANTIÑO |
PUNXÍN |
Erradicación de vexetación exótica invasora (Phyllostachys aurea) en 102 m de río (10.250,00 €). |