• Tramo que presentaba unha densidade elevada de Phyllostachys nigra (bambú negro) e de árbores, troncos e ramas tombadas sobre dominio público hidráulico e zona de servidume que diminuían a súa capacidade de desaugadoiro.
• Realizáronse actuacións ao longo de 4.281 metros de leito desde marzo de 2024 en dúas fases, retirada previa e plantacións de especies autóctonas.
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, inviste máis de 76.000€ en actuacións de conservación e de eliminación de especies exóticas invasoras –EEI-, concretamente bambú negro, no río Furnia ao seu paso polo municipio pontevedrés de Tui.
Da inspección previa realizada, observouse importante presenza de árbores, troncos e ramas tombadas sobre dominio público hidráulico e zona de servidume que formaban taponamentos no leito, diminuíndo a capacidade de desaugadoiro do mesmo, así como, densidade elevada de Phyllostachys nigra (bambú negro).
Os traballos necesarios ao longo de 4.281 metros de leito, estruturáronse en dúas fases:
• A primeira consistiu en traballos de conservación ordinaria de retirada das árbores, troncos e ramas tombadas sobre dominio público hidráulico e zona de servidume que formaban numerosos taponamentos, así como, podas sanitarias e resalveos para mellorar a estabilidade da vexetación e facilitar o fluxo en casos de avenida.
Cabe indicar que estes traballos completáronse co apeo técnico de árbores situadas nas inmediacións de 2 pontellas tradicionais -Ponche de Abade e Ponche de Mosteiro-, para evitar a perda de estabilidade das mesmas pola súa escasa capacidade de desaugadoiro.
• A segunda centrouse en actuacións de loita contra especies exóticas invasoras, que neste caso é principalmente bambú negro (Phyllostachys nigra), na que se procedeu á curta e triturado de rodales, disposición de láminas PEAD sobre a zona onde se retiraron para evitar rebrotes, e está a ser complementado co estaquillado de especies de bosque de ribeira (destacando salgueiro e freixo) para desenvolver o devandito bosque e evitar proliferación das EEI.
Para a repoboación están a empregarse un total de 200 árbores en 400 metros lineais de leito: Fraxinus angustifolia (40 pés),Betula pubescens (20 pés, Acer pseudoplatanus (20 pés) procedentes de viveiro, Laurus nobilis (20 pés) procedentes de viveiro e Salix atrocinerea (100 pés) procedentes de estaquillado.