A Xunta esquece que os plans de urbanismo teñen que garantir a dispoñibilidade xurídica da auga

La Xunta olvida que los planes de urbanismo han de garantizar la disponibilidad jurídica del agua

 

  • Resposta á ofensiva da Administración Autonómica e do GPP no Parlamento de Galicia que nos acusan de entorpecer a aprobación de 11 Plans Básicos Municipais
  • Estamos ante unha problemática política que pouco ten que ver coa necesidade de dispoñer de plans de urbanismo que dean seguridade xurídica e fixen poboación no rural galego
  • “Da mala praxe da Xunta xa existen sentenzas do Tribunal Supremo que anularon os Plans Xerais de Ordenación Municipal de Verín e Monterrei (CH Douro), precisamente por este tema” incidiu Quiroga

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) quere dar resposta ás declaracións da Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e sobre a PNL do GPP no Parlamento de Galicia acusando a este Organismo de conca de entorpecer a aprobación dos Plans Básicos Municipais tramitados pola Xunta.

“Todo apunta a que estamos ante unha problemática que pouco ten que ver coa imperiosa necesidade de colaboración cos Concellos para facilitarlles a xestión dos Plans de Urbanismo que dean seguridade xurídica a novos desenvolvementos, necesarios para fixar poboación no rural galego” explicou José Antonio Quiroga, presidente da CHMS.

“Se o obxectivo fose desbloquear, o Parlamento debería de instar á Xunta a investir no saneamento e o abastecemento dos núcleos deficitarios, co ánimo de conseguir que toda a poboación galega dispoña de auga en cantidade e calidade, independentemente de que residan en cidade ou en núcleo rural; ambos os servizos competencia municipal e subsidiariamente da Xunta de Galicia”, matizou Quiroga.

Colaboración da CHMS coa Administración Autonómica

“É demostrable, tras as reiteradas reunións presenciais e telefónicas mantidas coa responsable de Urbanismo da Conselleria, o total apoio, colaboración, predisposición e sensibilidade deste Organismo de conca, pero hai que lembrar que a aplicación da normativa é a clave para o bo servizo á cidadanía e para a protección do medio ambiente” incidiu o presidente da CHMS

Normativa

O informe preceptivo e vinculante que ten que emitir a CHMS está regulado no art. 25.4 da Lei de Augas e, por tanto, o contido do mesmo non é discrecional, por imperativo legal este Organismo ten que pronunciarse sobre a existencia e dispoñibilidade de recursos suficientes para satisfacer novas demandas.

“Hai que destacar que a “nova regulación da normativa urbanística galega” non pode alterar o art. 25.4 TRLA, como pretende a Xunta, xa que as Comunidades Autónomas non poden modificar leis estatais, nin regular de forma diferente cuestións de competencia exclusiva do Estado; aínda que se manteñen que poden aprobar os Plans sen as debidas garantías legais, será a súa responsabilidade”, explicou o presidente

“Da mala praxe da Xunta existen sentenzas do Tribunal Supremo que anularon os Plans Xerais de Ordenación Municipal, aprobado para os municipios de Verín e Monterrei (CH Duero), precisamente por este tema”, incidiu Quiroga.

Situación dos 11 PBM

O PBM do Concello lucense do Páramo foi enviado informe favorable, excepto para 6 núcleos dos 115 que indica a Xunta; este Plan foi Aprobado pola Admón Autonómica, de forma parcial por Orde do 13 de febreiro de 2023.

Triacastela (Lugo) e Cartelle (Ourense), enviados informes favorables da CHMS, como no caso anterior, para algúns núcleos de poboación, estando pendente de aprobación pola Xunta.

Dos municipios ourensáns de Padrenda, Porqueira e San Xoán de Río, foron enviados desfavorables porque, transcorridos os prazos -en todos eles máis de 1 ano desde a solicitude- a Xunta non contestou o requirimento de documentación.

No caso do concello ourensán de Viana do Bolo, estamos á espera de recibir a documentación requirida pola CHMS ao ente autonómico.

Punxín (Ourense), Dozón (Pontevedra) e Guntín (Lugo), están en avaliación polo Organismo e para resolver en datas próximas.

Do municipio ourensán de Lobeira, recibiuse a solicitude de informe en datas recentes e está a ser avaliado polos técnicos da CHMS.

Por último, a finais de setembro recibiuse de novo solicitude para os municipios ourensáns de Porqueira e San Xoan de Rio, actualmente en avaliación por este Organismo de conca.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.