A Confederación do Miño-Sil investiu máis de 72.000€ na eliminación de invasoras no río Miño ao seu paso pola cidade de Ourense

La Confederación del Miño-Sil invirtió más de 72.000€ en la eliminación de invasoras en el río Miño a su paso por la ciudad de Ourense
  • Retirouse Arundo donax, Acacia dealbata, Ailanthis altissima e Phyllostachys sp., (cana, acacia, ailanto e bambú), presentes en máis de 7 quilómetros de río
  • Como complemento aos traballos de retirada de EEI, nun tramo de 700 m. á altura da EDAR de Reza, procedeuse ao clarexo e retirada de chopos de gran tamaño, que presentaban risco de caída sobre a zona de recreo e paseo do Miño

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, finalizou os traballos de retirada de catro especies exóticas invasoras (EEI) moi comúns nesta zona das ribeiras do Miño en Ourense: ailanto, cana, acacia e bambú.

Actuacións executadas

 

Realizouse a curta, amontoado e retirada dos rodales de canas; traballos que se completaron, tras o rebrote das mesmas, coa aplicación dun herbicida sistémico de post-emerxencia.

Na retirada dos rodades de Acacia dealbata, utilizouse a técnica de anillado mecánico do tronco, tentando cortar o fluxo de zume, para provocar o esgotamento da planta; aos individuos en que polo seu escaso diámetro o anillado non foi posible, cortáronse, amontoaron e retiraron da zona, para inmediatamente despois da tala, aplicar herbicida con pincel sobre os tocos para o control do rebrote.

Tamén se procedeu á talla, amontoado e retirada dos pés de Ailanthus altissima, e aplicouse herbicida con pincel sobre os tocos para o control do rebrote. Naqueles casos en que o diámetro dos tocos non permitía a aplicación de biocida con pincel por ser moi pequenos e numerosos, realizouse unha aplicación localizada con pulverizador de mochila.

En relación ao bambú, elimináronse os rizomas coa axuda de ferramenta manual e unha miniretroexcavadora, devolvendo de inmediato o terreo ao seu estado orixinal unha vez retiradas as raíces.

Finalmente rematouse a actuación coa plantación manual de frondosas autóctonas que permitirán recuperar progresivamente a vexetación de ribeira.

Na mesma zona e como complemento aos traballos de retirada de EEI, nun tramo que abarca uns 700 metros á altura da EDAR de Reza, procedeuse á retirada de máis dunha decena de chopos de gran tamaño, que presentaban risco de caída sobre a zona de recreo e paseo do Miño.

Os traballos descritos foron realizados por unha brigada composta por 5 operarios especializados, durante case 3 meses.

O investimento realizado superou os 72.000 euros.

06052024 Foto1     06052024 Foto2

06052024 Foto4     06052024 Foto3

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.