José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e a alcaldesa da Pobra de Trives, Patricia Dominguez, rubricaron o Protocolo, para o financiamento, posta ao dispor dos terreos, execución e entrega das obras do proxecto de construción dunha senda fluvial no río Fiscaiño e recuperación ambiental do río Bibei.
Proxecto
As obras consistirán basicamente en construír un novo sendeiro de 1.165 metros lineais nas marxes do río Fiscaiño, ao seu paso polo núcleo de Trives; será de 2 metros de ancho aproximadamente, de pavimento terrizo e contará, ademais, cunha pasarela de madeira que unirá ambas as marxes.
No río Bibei procederase á recuperación ambiental e á mellora de marxes co ánimo de mellorar a súa accesibilidade para o uso e goce dos veciños/veciñas, ademais de valorizar a riqueza ambiental e paisaxística da zona.
En prol da colaboración entre administracións, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil cofinanciará as actuacións necesarias que precisan dun investimento aproximado de 475.000 euros.