A CHMS mellorará as áreas recreativas de Francelos, San Cristobo e Ventosela, situadas no municipio ourensán de Ribadavia

• As obras consistirán en mellorar a drenaxe, pavimento e accesos, dotar de rega por aspersión para a rexeneración e mantemento de zonas verdes, colocación de novo mobiliario, xogos biosaudables e iluminación 
• O investimento estimado supera os 235.000 euros
 

 

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Noelia Rodríguez, alcaldesa de Ribadavia, rubricaron o Protocolo que supón un primeiro paso para mellorar as áreas recreativas de Francelos, San Cristobo e Ventosela, situadas deste municipio ourensán bañado polo río Avia.
 
O presente protocolo ten por obxecto establecer o marco de colaboración entre as partes, para o financiamento e execución das actuacións que supoñerán un investimento estimado de 235.000 euros.
 
Na actualidade o núcleo de Francelos dispón dunha área recreativa na marxe dereita do río Outeiro, situada entre o río e o campo de fútbol da localidade cuxo estado de conservación é deficitario.
 
Por outra banda, no núcleo de San Cristovo dispón dunha zona de 5.282 m2 na marxe dereita do río Avia, xunto ao campo de fútbol da localidade que nalgún momento serviu como área recreativa, pero na actualidade atópase nun estado de total abandono.
 
Na zona sur do núcleo de Ventosela, na marxe dereita do encoro de Castrelo, existe un terreo dunha superficie aproximada de 1.160 m que polas características do terreo e a súa localización, é un sitio idóneo para albergar unha área recreativa para esparexemento dos habitantes do núcleo e os viandantes que circulan polo camiño de Ventosela a Sampaio.
 
O novo proxecto
 
“Desde a CHMS estudamos as distintas áreas para executar as obras de recuperación e nova construción necesarias que consistirían basicamente en demoler as instalacións que se atopen irrecuperables, mellorar a drenaxe e o pavimento das zonas de actuación e os seus accesos, dotar de rega por aspersión para a rexeneración e mantemento de zonas verdes, colocación de novo mobiliario, xogos biosaudables e iluminación, entre outros traballos” explicou o presidente.
 
A colaboración institucional é a clave para conseguir proxectos importantes para preservar e mellorar os nosos leitos fluviais, sendo fundamental a implicación dos gobernos locais como canle de comunicación máis directo e claro, polo coñecemento que posúen das necesidades reais das zonas ás que representan, “tratamos de que os cidadáns vivan de fronte ao río, valoríceno e gocen do privilexio que supoñen as contornas que forman os nosos leitos” concluíu Quiroga.
 
“Agradecemos á CHMS o dar este primeiro paso para mellorar a riqueza fluvial e a contorna das áreas recreativas; hai que lembrar que estamos #ante un tema moi demando polos veciños e veciñas de Ribadavia que valorizan o beneficio que supón gozar da natureza e da riqueza fluvial presente no noso Concello” incidiu a alcaldesa.
 
“Isto é un impulso máis para seguir traballando por e para o benestar e a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas, ademais de conseguir que as nosas áreas constitúan un reclamo saudable e sostible que contribúa a potencial o turismo da Vila de Ribadavia” concluíu a rexedora.
 

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.