O presidente da CHMS supervisa as obras de mellora do roteiro fluvial dos muíños do río Formigueiro, no municipio ourensán de Amoeiro

El presidente de la CHMS supervisa las obras de mejora de la ruta fluvial de los molinos del río Formigueiro, en el municipio ourensano de Amoeiro
  • Actuacións iniciadas a finais de setembro nas que o Estado, a través da CHMS, investirá máis de 185.000 euros
  • As obras consisten na restauración de dous muíños e dun poldrado, ademais da conservación e acondicionamento do leito, para completar o executado na primeira fase

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, visitou, acompañado por José Luis González, o alcalde de Amoeiro, e por varios membros da corporación municipal, as obras de acondicionamento do roteiro fluvial dos muíños do río Formigueiro no T.M. de Amoeiro (Ourense), iniciadas o pasado mes de outubro e que finalizarán durante o segundo trimestre deste ano.

Este proxecto completa as obras executadas nunha primeira fase, cuxa investimento superou os 200.000 euros, e que consistiu na construción dunha senda fluvial de 655 metros lineais, con tramos de pasarela, escaleiras e 2 miradoiros de madeira duns 20 m2, e que finalizou en febreiro de 2022.

As obras en execución consisten na restauración e mellora de dous muíños e dun poldrado, así como da limpeza e conservación do leito e marxes no río Formigueiro.

Nos muíños procédese ao descombro, limpeza de paramentos e demais estruturas aproveitables, cubertas de tella, etc, así como, melloras no interior dos edificios e restauración dos distintos elementos da maquinaria de moenda.

O proxecto contempla, ademais, a mellora da capacidade hidráulica dunha pontella ou poldrado á que se dotará de elementos que melloren a súa estabilidade ante futuras enchentes do río.

“O obxectivo é a conservación e mellora dunha contorna fluvial cun marcado valor ecolóxico e unha forte identidade paisaxística que, en xeral, está pouco alterada polo home” explicou o Quiroga, presidente da CHMS.

08022023 Foto1

08022023 Foto2

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.