Os encoros da demarcación do Miño-Sil en Galicia atópanse ao 67,83 % da súa capacidade máxima, un 1,35 % menos que a semana anterior

Los embalses de la demarcación del Miño-Sil en Galicia se encuentran al 67,83 % de su capacidad máxima, un 1,35 % menos que la semana anterior
  • A precipitación acumulada media na parte galega da Demarcación Miño-Sil é de 1.041,2 l/m2, un 4 % por encima da media histórica
  • Na última semana rexistráronse 2,7 l/m2, mensualmente poden destacarse os meses de novembro e marzo como secos e os meses de decembro, xaneiro e febreiro como húmidos

Neste ano hidrolóxico 2020/21, comezado o 01 de outubro de 2020, a precipitación acumulada media na parte galega da Demarcación Miño-Sil a día 06 de xuño de 2021 foi de 1.041,2 l/m2, un 4 % por encima da media histórica, sendo dita media histórica entre 1980/81 e 2011/12 de 1.001,9 l/m2.

No ano hidrolóxico anterior, 2019/20, a esta altura do ano a precipitación rexistrada era de 1.180,5 l/m2, un 18 % por encima da media histórica e un 13 % por encima da do ano 2020/21.

Na última semana rexistráronse 2,7 l/m2., mensualmente pode destacarse os meses de novembro e marzo como secos e os meses de decembro, xaneiro e febreiro como húmidos.

Os encoros galegos da Demarcación atópanse ao 67,83 % da súa capacidade máxima, un 1,35 % menos que a semana anterior. Este volume é un 17,31 % menor que a cantidade de auga embalsada hai un ano, 85,14 %.

No relativo aos caudais circulantes, segundo os datos recibidos nas estacións de control que chegan ao Centro de Control de Conca (CECU) da CHMS, atópanse un 5,1 % por baixo da media histórica.

“Desde a CHMS queremos lembrar que os recursos naturais son limitados e que todos deberiamos de asumir a responsabilidade individual de conservación dos mesmos, fomentando actitudes respectuosas co medio ambiente e co consumo de auga para evitar, no país dos mil ríos, períodos de seca estival”, matizou José Antonio Quiroga, presidente da CHMS.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.