O Consello da Auga da Demarcación Miño-Sil emite o informe preceptivo ao esquema dos temas importantes do novo Plan Hidrolóxico

El Consejo del Agua de la Demarcación  Miño-Sil emite el informe preceptivo al esquema de los temas importantes del nuevo Plan Hidrológico
  • Con este trámite supérase a 2ª das tres fases da elaboración do plan hidrolóxico para 2021-2027
  • Órgano colexiado encargado de promover a información, consulta e participación pública no proceso planificador
  • Das 259 suxerencias recibidas durante a consulta pública do EpTI, tivéronse en conta 157 o 60 % delas e foron incorporadas ao esquema dos temas importantes informado no CAD

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, reuniu aos membros do Consello da auga da Demarcación (CAD) para dar conta da información contida no Esquema dos Temas Importantes (ETI) e para emitir o informe preceptivo, necesario para continuar coa tramitación do 3er ciclo de Planificación Hidrolóxica.

Neste órgano colexiado e de goberno da CHMS, Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, están representadas as distintas Administracións presentes no territorio, ademais dos usuarios da auga – abastecemento, regadíos, usos enerxéticos, e outros usos-; e é o encargado de promover a información, consulta e participación pública no proceso planificador.

Resultado

Durante a sesión relacionáronse os principais datos relativos á evolución dos recursos hídricos da demarcación durante os anos hidrolóxicos 2017/2018 e 2018/2019, das demandas consuntivas de auga, do cumprimento dos caudais ecolóxicos, así como do estado das masas de auga da demarcación e do avance do programa de medidas.

Por outra banda, o CAD emitiu o informe preceptivo sobre o Esquema dos Temas Importantes (ETI) en materia de xestión das augas do ciclo de planificación hidrolóxica 2021-2027.

O ETI é a segunda fase na elaboración do novo plan hidrolóxico 2021-2027 posterior aos documentos iniciais e previa ao proxecto de Plan Hidrolóxico, o cal será posto en consulta pública o próximo ano 2021.

O Esquema Provisional de Temas Importantes (ETI)

O ETI contén os principais problemas relacionados coa xestión das augas da demarcación que impiden o logro dos obxectivos para o bo estado de todas as masas de auga, os sectores que o causan, as alternativas de actuación para solucionalos e as decisións que deben tomarse de fronte ao plan hidrolóxico, marcando as directrices do mesmo.

O documento provisional estivo en consulta pública entre o 24 de xaneiro de 2020 de e o 30 de outubro de 2021, recibíndose un total de 45 escritos de propostas e suxerencias con 259 observacións, case o dobre que o ciclo anterior cando se recolleron 23 escritos e 136 observacións.

As propostas recibidas versaron fundamentalmente sobre a xestión de infraestruturas, a xestión forestal, a coordinación entre as diferentes administracións públicas, os caudais ecolóxicos, o uso hidroeléctrico, a minería, as alteracións hidromorfológicas, as zonas protexidas, os ecosistemas asociados ao medio hídrico ou ao contaminación difusa.

Das 259 suxerencias recibidas tivéronse en conta 157 o 60 % delas e foron incorporadas ao esquema dos temas importantes informado no CAD. Durante o período de consulta pública celebráronse numerosos talleres e accións de participación pública activa así como de información pública.

A versión definitiva do ETI pódese consultar na páxina web do organismo de conca.

30122020-foto

30122020-foto1

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.