O presidente da Confederación do Miño-Sil recibe ao alcalde de Taboadela

El presidente de la Confederación del Miño-Sil recibe al alcalde de Taboadela
  • Vila solicitou da CHMS colaboración para mellorar a rede de saneamento e depuración dos núcleos de Vendanova, Veredo, Alto de Taboadela, Xociños, Pumar e Castro
  • Aproveitou ademais para solicitar a limpeza do Barbaña ao seu paso por Venda do Río
  • Quiroga comprometeuse a valorar as solicitudes cos técnicos do Organismo para dar unha resposta en breve

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, recibiu esta mañá ao alcalde de Taboadela, Álvaro Vila.

No encontro, o alcalde solicitou a colaboración da CHMS na mellora da rede de saneamento e depuración no seu municipio, concretamente nos núcleos de Vendanova, Veredo, Alto de Taboadela, Xociños, Pumar e Castro, co interese de evitar verteduras directas aos leitos que provocan a deterioración e a degradación do medio acuático. Por outra banda, aproveitou para demandar a limpeza do río Barbaña, ao seu paso por Venda do Río.

“Estudaremos a viabilidade das melloras de saneamento e depuración porque entendemos que a colaboración institucional é fundamental sobre todo para os Concellos máis pequenos, ademais da nosa obrigación, como Organismo de conca, de evitar a deterioración dos nosos leitos fluviais” explicou Quiroga.

“Incluiremos na programación das brigadas de limpeza de ríos a mellora solicitada no río Barbaña” concluíu o presidente.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.