A CH do Miño-Sil avanza nos traballos de construción da senda fluvial da marxe dereita do río Avia ao seu paso por Leiro (Ourense)

La CH del Miño-Sil avanza en los trabajos de construcción de la senda fluvial de la margen derecha del río Avia a su paso por Leiro (Ourense)
  • Esta mañá os presidentes da CH do Miño-Sil e da Deputación provincial, acompañados polo alcalde de Leiro e polo subdelegado do Goberno supervisaron as actuacións
  • O investimento ascende a 191.500 euros, sufragados nun 32% polo Ministerio, a través da CHMS, o 20% restante pola Deputación de Ourense e o 48% polo Concello de Leiro
  • Recupérase un tramo de senda que estaba conectada a través dunha pasarela, pechada ao paso polo seu mal estado de conservación, e que supoñía un obstáculo na canle segundo o Plan Hidrolóxico vixente

O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, O.A. (CHMSOA), avanza nos traballos de construción da senda fluvial na marxe dereita do río Avia en Leiro (Ourense).

Esta mañá, os presidentes da CH do Miño-Sil e da Deputación provincial, Francisco Marín e Manuel Baltar, respectivamente, supervisaron a boa marcha dos traballos, acompañados polo alcalde de Leiro, Francisco José Fernández e polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro.

O obxecto do proxecto é a recuperación dun tramo do senda situado na marxe dereita do río Avia, de 200 m. de lonxitude, que contaba cunha pasarela de madeira apoiada en pilas de formigón e cuxa estrutura se atopaba en moi mal estado de conservación.

O proxecto

Analizadas as distintas alternativas para repoñer a continuidade da senda neste tramo, concluíuse que a mellor opción era demoler a pasarela para dar continuidade ao paseo, ocupando o espazo situado entre a coroación do muro que delimita a marxe do río neste tramo e os cerramentos das leiras lindeiras.

Conséguese con iso a recuperación dun tramo urbano do río Avia e elimínase o obstáculo na canle que supoñía a antiga pasarela de madeira, co ánimo de cumprir os obxectivos do vixente Plan Hidrolóxico da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil e da Directiva Marco da auga.

A primeira das actuacións foi o desmonte de todos os elementos de madeira que constituían a pasarela, así como do seu mobiliario e instalacións, para proceder á demolición de todos os elementos de formigón armado da súa estrutura.

A continuación procedeuse á execución do novo tramo de paseo que se integra co terreo e topografía existentes e de ancho variable e que conecta cunha chaira empedrada contigua a un muíño coa intención de poñer en valor e mellor uso desta edificación que se utiliza como centro de información turística.

Os accesos norte e sur desde o pobo de Leiro a este novo tramo de paseo fluvial están a ser acondicionados cos mesmos materiais que o resto do itinerario, alcanzando o tramo de actuación unha lonxitude total dun 210 m.

As actuacións finalizarán ao longo do mes de decembro.

Investimento

O investimento total ascende a 191.500 euros, sufragados nun 32% polo Ministerio, a través da CHMS, o 20% restante pola Deputación de Ourense e o 48% polo Concello de Leiro

LEIRO 2

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.