
As actuacións executadas evitarán riscos de inundacións e avenidas, preservando os valores ambientais asociados ao río e asegurando a súa integración na ordenación urbana
Esta mañá o presidente da CH do Miño-Sil e o subdelegado do Goberno en Lugo supervisaron o resultado das actuacións, acompañados polo alcalde da localidade monfortina
O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA), a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, finalizou as obras de acondicionamento da canle e marxes do río Cabe ao seu paso por Monforte de Lemos, no tramo A Compañía ?núcleo de Piñeira.
Esta mañá o presidente da CH do Miño-Sil, Francisco Marín e o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, supervisaron o resultado das actuacións, que hoxe se abren ao uso público, acompañados polo alcalde de Monforte, José Tomei.
O investimento realizado supera os 3,1millóns de euros, financiados con cargo aos Fondos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), sufragados nun 80% polo Ministerio, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, e o 20% restante pola Deputación Provincial.
PROXECTO
O obxectivo conseguido co proxecto é a mellora ambiental e a protección de marxes fronte a inundacións do río Cabe no tramo que discorre polo centro urbano de Monforte de Lemos, entre A Compañía e Piñeira.
As actuacións comezaron coa demolición de muros, estruturas, pavimentos e valos existentes nas zonas de actuación para continuar cun estudo fitosanitario das masas forestais de ribeira, para reformular as zonas a rozar e podar.
Prevención de inundacións
De face á prevención de inundacións, construíronse muros longitudinales de formigón armado e chapados en pedra, cunha laxa de granito na coroación, ao obxecto de dar continuidade aos muros xa existentes, tanto na marxe esquerda, augas abaixo da rúa Pinguela, como na contorna do núcleo de Piñeira, ao longo da estrada da marxe dereita.
Por outra banda, para facilitar a estabilidade dos noiros máis debilitados, construíronse diques de bloques graníticos e melloráronse ambas as marxes con técnicas de bioingeniería, mediante fajinas de salgueiro e plantacións arbóreas situadas por detrás destas.
Pasarelas que facilitan a mobilidade
Para dar continuidade ao paseo e para facilitar a mobilidade peonil polo municipio construíronse 3 pasarelas sobre o río Cabe. A pasarela 1 sitúase na contorna da Compañía, cruzando sobre a canle do muíño de Acea Nova, e foi construída con vigas de madeira laminada encolada de piñeiro tratado.
A pasarela 2 sitúase augas arriba da rúa Pinguela e consta dunha estrutura de 34,5 m de lonxitude con arcos de madeira laminada sustentados sobre un taboleiro de vigas metálicas. O taboleiro vai unido aos arcos por medio de diagonais, tirantes e rigidizadores metálicos e pendolones de madeira.
A pasarela 3 situada ao final da rúa Pinguela, na contorna do azud de Cobas, é unha estrutura idéntica ao anterior pero de 51 m de lonxitude, e o acceso á mesma, do mesmo xeito que á anterior, realízase a través dunha rampla metálica con pavimento de madeira de piñeiro.
Ademais das anteriores, e ao longo da senda peonil da marxe esquerda, instaláronse tres pasarelas sobre canles e arroios de pequena entidade que permiten dar continuidade ao trazado da mesma. Consisten en estruturas de madeira laminada encolada, formadas por dúas vigas principais unidas por viguetas sobre as que apoia o pavimento de tarima de piñeiro ranurado.
Escalas de peixes nos azudes
Para a eliminación do obstáculo que supoñen os azudes aos movementos migratorios da fauna piscícola executáronse dúas escalas para peces nos muíños de Acea Nova e de Cobas. Estas escalas foron construídas con estrutura de formigón armado e chapadas en pedra natural para lograr unha mellor integración ambiental.
Outras actuacións
Como complemento ás actuacións descritas, na zona urbana executouse un carril bici sobre unha soleira de formigón pavimentada cun slurry de cor vermella, dotándoo da necesaria sinalización horizontal e vertical. Tambien instaláronse os elementos de mobiliario urbano: bancos de madeira e de formigón revestidos con pedra, papeleiras ou pilonas para limitar o acceso de vehículos aos camiños.