A Confederación do Miño-Sil inicia a ampliación da estación de bombeo en Areas, (Tui- Pontevedra)

Estación bombeo Areas

Dotarase aos núcleos de Areas, Randufe, Pexegueiro e Malvas das infraestruturas necesarias para derivar todas as verteduras cara á EDAR de Guillarei

Estes traballos supoñen unha importante mellora do saneamento e unha maior eficiencia no investimento

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), inicia as obras de ampliación da estación de bombeo de augas residuais do núcleo de Areas (Tui-Pontevedra).

O obxectivo destas obras é complementar a posta en funcionamento da EDAR de Guillarei, executando novas infraestruturas de saneamento con sistemas de recollida de augas residuais que poidan ser conectados aos colectores de saneamento xa construídos.

Estas actuacións están incluídas no programa operativo de financiamento con cargo aos Fondos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), que contan coa participación e apoio cidadán das poboacións implicadas, co obxectivo de levar a cabo actuacións para a mellora ambiental da contorna dos ríos.

ACTUACIÓNS

As obras consisten na construción dunha nova estación de bombeo enterrada e dun sistema de impulsión que recolla as augas residuais provenientes de Areas, Randufe, Pexegueiro e Malvas, así como do polígono industrial de Tui, e as envien até o pozo de rotura de carga desde onde fluirán, por gravidade, á EDAR de Guillarei.

Darase solución ao problema existente nestas poboacións nas que o pozo de bombeo actual non ten capacidade suficiente para os caudais recibidos e por eles prodúcense frecuentes alivios á canle do arroio San Martiño.

Por outra banda, tamén se solucionará a problemática das roturas que presenta a rede e que xeran verteduras á contorna e infiltracións de auga do arroio.

A obra supón un investimento próximo aos 500mil euros e prevese que poida estar executada no prazo de seis meses.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.