O presidente da CH do Miño-Sil visita as obras de acondicionamento do río Cabe ao seu paso por Monforte de Lemos (Lugo) e supervisa a colocación dunha nova pasarela peonil de 43 metros de lonxitude

Pasarela Monforte de Lemos

Con estas actuacións, cuxo grao de execución supera o 70%, evitaranse inundacións e avenidas na zona urbana da localidade

O investimento estimado supera os 2,8 millóns de euros e a finalización das obras está prevista para xuño de 2015

Francisco Marín, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, supervisou hoxe a montaxe e asentamento da terceira pasarela peonil que forma parte do proxecto de acondicionamento da canle e marxes do río Cabe, ao seu paso por Monforte de Lemos (Lugo). Nesta visita estivo acompañado por varios membros da corporación municipal e polo director técnico da CHMS, Manuel I. Rodríguez.

Estos trabajos, cuya inversión total supera los 2,8 millones de euros con una duración prevista que se extenderá hasta el próximo mes de junio, pretenden la recuperación ecológica y social del río Cabe garantizando la conservación de los valores medioambientales del cauce y asegurando su integración en la ordenación municipal.

15-01-13-CHMS-visita-montaje-pasarela-Cabe-Monforte3

A actuación está incluída no programa operativo de financiamento con cargo aos Fondos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil deseñou dentro do período 2007-2013.

PROXECTO

Para previr inundacións e avenidas, construíronse varios muros lonxitudinais na marxe esquerda do río Cabe, augas abaixo da rúa Pinguela, no ámbito do núcleo de Piñeira, na zona recreativa e ao longo da estrada de acceso ao núcleo urbano.

Por outra parte foron executadas 1200 metros de senda peonil, o que equivale a un 40% do total definido no proxecto construtivo, que se corresponde co tramo da rúa Pinguela, quedando pendente o tramo do Parque dos Condes, onde xa se iniciou a execución do muro de contención da rampla para acceso á pasarela situada na zona do campo de futbol, que xa se instalou.

Foron colocadas tamén as pasarelas situadas ao lado do muíño de Cobas e na senda da marxe esquerda do río Cabe, quedaron pendentes soamente as súas ramplas de acceso.

15-01-13-CHMS-visita-montaje-pasarela-Cabe-Monforte2

Coa instalación e asentamento da pasarela situada augas arriba do segundo meandro da rúa Pinguela, supervisada hoxe, cuxo van principal supera os 43 metros e cunha anchura útil de 3 metros, quedarían pendentes dúas pasarelas máis que cruzarán varias canles e regueiros de menor entidade, e que se encontran en fase de fabricación.

Por outra parte, están concluídas e encóntranse totalmente operativas as dúas escalas de peixes programadas, situadas na presa de Adulacións e na presa de Aceña Nova.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.