O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio somete a consulta pública os mapas de perigosidade e risco de inundación na demarcación hidrográfica do Miño-Sil

Jornada Técnica Consulta Pública Fase II Zonas Inundables

Os estudos desenvolven a segunda fase da Directiva de inundacións (Directiva 2007/60/CE) e permanecerán expostos durante tres meses, a contar dende o 17 de xaneiro

Estes mapas complementan o establecido na lexislación existente en materia de augas, protección civil e ordenación do territorio sobre cartografía de zonas inundables

Esta mañá celebrouse unha xornada técnica de exposición do exhaustivo traballo realizado e a metodoloxía utilizada

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA) somete a consulta pública os mapas de perigosidade e risco de inundación e delimitación de canles públicas, zonas de servidume, policía e fluxo preferente, das áreas con risco potencial significativo de inundación e das zonas inundables da demarcación hidrográfica do Miño-Sil.

O ESTUDO

Segundo a Directiva 2007/60/CE, relativa á avaliación e xestión dos riscos de inundación e cuxa transposición ao ordenamento xurídico español se produciu a través do Real Decreto 903/2010, do 9 de xullo, establécese como obxectivo principal reducir as consecuencias negativas das inundacións sobre a poboación, as actividades económicas, o medio e o patrimonio cultural.

Atendendo á normativa citada, iniciouse un procedemento de análise, planificación e xestión dirixido polos Organismos de conca que se dividiu en tres fases:

Fase I: Consistente na avaliación preliminar do risco de inundación e identificación das Áreas con Risco Potencial Significativo de Inundación (ARPSIs). Esta fase supuxo a aprobación en decembro de 2011 s das ARPSIs da Demarcación.

Fase II: Elaboración dos mapas de perigosidade e risco de inundación das ARPSIs e delimitación das canles públicas, as zonas de servidume, policía e fluxo preferente das ARPSIs e zonas inundables de interese. É a fase actual que se somete a consulta pública.

Fase III: Elaboración dos plans de xestión do risco de inundación sobre a base das fases anteriores e a súa aprobación polo Goberno antes de decembro de 2015.

Ademais dos tramos declarados oficialmente como Áreas con Risco Potencial Significativo de Inundación (ARPSI,s) na primeira fase, 490 quilómetros, estudáronse en detalle outros tramos de interese respecto ao seu inundabilidad contiguos na súa maior parte aos anteriores e que suman 266 quilómetros. En total, os estudos realizados céntranse en 756 quilómetros de río pertencentes a 96 termos municipais do territorio español da demarcación hidrográfica do Miño-Sil.

A documentación permanecerá exposta durante tres meses a contar dende o 17 de xaneiro e durante este período os interesados poderán formular dúbidas, comentarios e suxestións, a través dos rexistros aos que se refire o art.º 38 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, ou enviado un correo electrónico á dirección habilitada para tal fin mapas_zonas_inundables@chminosil.es, todo iso co obxectivo de enriquecer ou mellorar a documentación obxecto de exposición.


XORNADA TÉCNICA

Esta mañá celebrouse, no Centro Cultural Marcos Valcárcel de la Diputación de Ourense, unha Xornada Técnica de exposición dos traballos realizados ata a data para dar cumprimento á normativa, que ten estado presidida o presidente do organismo de conca, Francisco Marín, na que estivo acompañado do Comisario de Augas, Xoán Nóvoa, do xefe de área de medio e verteduras, Alberto de Anta, do director dos traballos, José Manuel Blanco e unha técnico da empresa que realizou o estudo, Ana Isabel Peral.

14-01-16-jornada-zonas-inundables1

O presidente do organismo, ao termo da xornada, realizou un breve resumo como conclusión á xornada técnica. "Estes estudos basicamente son unha forma de dar un novo enfoque á xestión dos ríos e facilitar máis espazo ao río para que poida ocupar a chaira de inundación, sen provocar riscos para as persoas e os seus bens" indicou.

14-01-16-jornada-zonas-inundables2

"A revisión dos plans hidrolóxicos de conca incorporarán actuacións autorizables en zonas inundables que se poidan compatibilizar cos plans e as infraestruturas, por iso é clave a implicación e a coordinación dos numerosos axentes participantes na ordenación do territorio, que non deben de obviar a directiva de inundacións para que os plans urbanísticos se adapten" á normativa vixente" "en materia de augas", matizou o presidente.

Os 490 km definidos como tramos ARPSI, no exhaustivo traballo desenvolvido pola empresa Paymacotas, correspóndense con 96 concellos, e agrupáronse en 24 grupos:

14-01-16-jornada-zonas-inundables

OURENSE



CONCELLOS AFECTADOS POLA POTENCIAL INUNDACIÓN DE 500 ANOS

CONCELLO

PROVINCIA

TIPO DE TRAMO EN ESTUDO

ARPSI

OTRO

Allariz

Ourense

SI

NON

Baltar

Ourense

NON

SI

Baños de Molgas

Ourense

SI

SI

Barbadás

Ourense

SI

NON

Barco de Valdeorras (O)

Ourense

SI

SI

Beade

Ourense

SI

NON

Bola (A)

Ourense

SI

NON

Calvos de Randín

Ourense

NON

SI

Carballeda de Avia

Ourense

SI

NON

Carballiño (O)

Ourense

SI

SI

Cenlle

Ourense

SI

NON

Irixo

Ourense

NON

SI

Leiro

Ourense

SI

SI

Lobios

Ourense

SI

SI

Maceda

Ourense

SI

SI

Maside

Ourense

SI

NON

Nogueira de Ramuín

Ourense

NON

SI

Ourense

Ourense

SI

SI

Paderne de Allariz

Ourense

NON

SI

Pereiro de Aguiar

Ourense

NON

SI

Porqueira

Ourense

SI

SI

Rairiz de Veiga

Ourense

SI

SI

Ribadavia

Ourense

SI

NON

Rúa (A)

Ourense

SI

NON

Rubiá

Ourense

SI

SI

San Cibrao das Viñas

Ourense

SI

SI

Sandiás

Ourense

SI

SI

Sarreaus

Ourense

NON

SI

Taboadela

Ourense

SI

SI

Trasmiras

Ourense

SI

NON

Vilamartín de Valdeorras

Ourense

SI

NON

Vilar de Barrio

Ourense

SI

SI

Vilar de Santos

Ourense

SI

SI

Xinzo de Limia

Ourense

SI

SI

Xunqueira de Ambía

Ourense

NON

SI

 

 

LUGO

CONCELLOS AFECTADOS POLA POTENCIAL INUNDACIÓN DE 500 ANOS

CONCELLO

PROVINCIA

TIPO DE TRAMO EN ESTUDO

ARPSI

OUTRO

Abadín

Lugo

SI

NON

Begonte

Lugo

SI

NON

Bóveda

Lugo

SI

SI

Carballedo

Lugo

NON

SI

Castro de Rei

Lugo

SI

NON

Chantada

Lugo

NON

SI

Corgo (O)

Lugo

NON

SI

Cospeito

Lugo

SI

NON

Guitiriz

Lugo

SI

NON

Láncara

Lugo

SI

SI

Lugo

Lugo

SI

SI

Meira

Lugo

SI

NON

Monforte de Lemos

Lugo

SI

SI

Outeiro de Rei

Lugo

SI

NON

Pantón

Lugo

SI

SI

Páramo (O)

Lugo

SI

SI

Pastoriza (A)

Lugo

SI

NON

Pobra do Brollón (A)

Lugo

SI

SI

Pol

Lugo

SI

NON

Quiroga

Lugo

SI

SI

Ribas de Sil

Lugo

SI

NON

Samos

Lugo

SI

NON

Sarria

Lugo

SI

SI

Sober

Lugo

SI

SI

Taboada

Lugo

NON

SI

Vilalba

Lugo

SI

NON

PONTEVEDRA



CONCELLOS AFECTADOS POLA POTENCIAL INUNDACIÓN DE 500 ANOS

CONCELLOS

PROVINCIA

TIPO DE TRAMO EN ESTUDO

ARPSI

OUTRO

Mondariz

Pontevedra

SI

SI

Mondariz-Balneario

Pontevedra

SI

NON

Mos

Pontevedra

SI

SI

Oia

Pontevedra

SI

NON

Pazos de Borbén

Pontevedra

NON

SI

Ponteareas

Pontevedra

SI

SI

Porriño (O)

Pontevedra

SI

SI

Rosal (O)

Pontevedra

SI

NON

Salceda de Caselas

Pontevedra

SI

SI

Salvaterra de Miño

Pontevedra

SI

SI

Tomiño

Pontevedra

SI

SI

Tui

Pontevedra

SI

SI

LEÓN

CONCELLOS AFECTADOS POLA POTENCIAL INUNDACIÓN DE 500 ANOS

CONCELLO

PROVINCIA

TIPO DE TRAMO EN ESTUO

ARPSI

OUTRO

Balboa

León

SI

NON

Bembibre

León

SI

NON

Cacabelos

León

SI

NON

Camponaraya

León

SI

NON

Carracedelo

León

SI

NON

Castropodame

León

SI

NON

Congosto

León

SI

NON

Corullón

León

SI

NON

Encinedo

León

SI

NON

Folgoso de la Ribera

León

SI

NON

Igüeña

León

SI

NON

Murias de Paredes

León

SI

NON

Páramo del Sil

León

SI

NON

Ponferrada

León

SI

NON

Priaranza del Bierzo

León

SI

NON

Puente de Domingo Flórez

León

SI

NON

Toreno

León

SI

NON

Torre del Bierzo

León

SI

NON

Vega de Espinareda

León

SI

NON

Vega de Valcarce

León

SI

NON

Villablino

León

SI

NON

Villadecanes

León

SI

NON

Villafranca del Bierzo

León

SI

NON

 

Estas estas táboas figuran tamén na memoria do documento que está na web: http://www.chminosil.es/images/consulta-publica/consulta-publica-zonas-inundables.pdf

"O obxectivo principal é reducir as consecuencias negativas das inundacións sobre a poboación, as actividades económicas, o medio e o patrimonio cultural, e para rematar quero utilizar unha frase que hoxe formulou un dos relatores nesta xornada: as inundacións non sempre son negativas, o negativo é ter unha vivenda en zona inundable", concluíu o presidente.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.