
Serán restaurados e acondicionados máis de 84 km de canles
Os criterios de priorización realizáronse dependendo da problemática concreta das zonas
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), executará actuacións de restauración hidrolóxico-forestal en varios tramos fluviais da provincia de Ourense nas que se investirán 803.838,65 euros.
Estas actuacións foron presentadas polo delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín. Ao acto, celebrado na Subdelegación do Goberno en Ourense, asistiron tamén o subdelegado do Goberno, Roberto Castro e outras autoridades.
Utilizáronse criterios técnicos de priorización sobre os tramos fluviais con máis afección comprobada e avalada, ben polas inspeccións da gardaría fluvial ou a partir das peticións formuladas polos propios Concellos.
Como paso previo, realizáronse as oportunas inspeccións das zonas a actuar, comprobáronse as canles con réxime de protección ambiental, os proximos a núcleos de poboación ou vivendas illadas e os que ambas as dúas margenes estan unidas por infraestruturas viarias, todo iso para evitar as incidencias mais graves.
Para completar estas valoracións estudouse a tipoloxía e complexidade das actuacións a realizar, sen obviar o custo económico de cada intervención e constatar a urxencia manifesta destes traballos.
"As actuacións proxectadas pretenden compatibilizar a garantía de desaugadoiro das canles fluviais fronte a avenidas ordinarias, en episodios de intensas chuvias, co mantemento dos valores ambientais existentes nos tramos a actuar", indicou Marín, presidente da CHMS.
Estes traballos de inspección concluíron cunha programación clara das actuacións a realizar nas canles fluviais máis problemáticas. Estas consistirán, fundamentalmente, en rozas selectivas con eliminación de vexetación alóctona e regularización morfolóxica da canle e coa retirada de elementos obstrutivos, o que permitirá o aumento da resiliencia do río fronte a perturbacións naturais e antrópicas e á mellora da conectividade transversal e lonxitudinal das masas de auga.
Tamén se realizará un aumento da sección de desaugadoiro das canles con máis problemas de desbordamentos e procederase á recuperación de ribeiras mediante técnicas de bioingeniería, utilizando para iso biorrollos de malla de coco e mantas biodegradables, estaquillado con especies vexetais e arbóreas autóctonas; todo iso tratando de evitar ou minimizar os impactos que poderían provocar fortes crecidas e inundacións.
"Queremos, sobre todo, garantir a seguridade para as poboacións e as súas actividades económicas, que podrian verse afectadas polas alteracións hidromorfologicas dos nosos rios, e para evitalo realizaremos actuacións nas zonas con maior risco de inundacións e avenidas" concluíu, Samuel Juarez, Delegado do Goberno en Galicia.