Recibíronse 78 escritos de propostas, observacións e suxestións, que sumadas a unha proposta da Delegación portuguesa da Comisión para o desenvolvemento e aplicación do convenio de Albufeira (CADC), fan un total de 79 escritos. Ademais recibíronse 9 propostas máis presentadas fóra de prazo. Presentáronse suxestións desde múltiples entidades, recibíronse diversas observacións do sector enerxético, a industria louseira, asociacións de veciños, concellos, asociacións de investigación, universidades, asociacións ecoloxistas e algúns particulares. Á vista da participación recibida e a cantidade de temas tratados, pódese cualificar o proceso de consulta pública como moi produtivo. A continuación preséntase unha listaxe dos interesados, aos que se lles asociou un código identificativo, xunto co número de observacións que realizaron na súa respectiva proposta.
DOCUMENTO DE SÍNTESES PROPOSTAS, OBSERVACIÓNS E SUXESTIÓNS (PDF-4,55MB )
PROPOSTAS, OBSERVACIÓNS E SUXESTIÓNS RECIBIDAS E RESPOSTAS ENVIADAS
MEMORIA e ANEXOS:
1. CAPÍTULO I: INTRODUCIÓN E ANTECEDENTES (PDF-1,59MB )
2. CAPÍTULO II: DESCRICIÓN XERAL DA DEMARCACIÓN (PDF-24,27MB)
ANEXO 1: MASAS DE AGUA MOI MODIFICADAS (PDF-38,05MB)
ANEXO 2: INVENTARIO DE RECURSOS (PDF-14,33MB)
ANEXO 3: FICHAS DAS MASAS DE AGUA (PDF-61,96MB)
3. CAPÍTULO III: DESCRICIÓN DE USOS, DEMANDAS E PRESIÓNS (PDF-859,27MB)
4. CAPÍTULO IV: RESTRICIÓNS AO USO, PRIORIDADES DE USOS E ASIGNACIÓN DE RECURSOS (PDF-116,92MB)
5. CAPÍTULO V: IDENTIFICACIÓN E MAPAS DAS ZONAS PROTEXIDAS (PDF-15,08MB)
6. CAPÍTULO VI: PROGRAMAS DE CONTROL DAS MASAS DE AGUA (PDF-11,98MB)
7. CAPÍTULO VII: VALORACIÓN DO ESTADO DAS MASAS DE AGUA (PDF-6,07MB)
8. CAPÍTULO VIII: OBXECTIVOS MEDIOAMBIENTAIS E EXENCIÓNS (PDF-5,65MB)
9. CAPÍTULO IX: RECUPERACIÓN DE CUSTOS DOS SERVIZOS DA AGUA (PDF-4,90MB)
10. CAPÍTULO X: PLANS E PROGRAMAS RELACIONADOS (PDF-2,32MB)
11. CAPÍTULO XI: PLANS DEPENDENTES: SEQUÍAS E INUNDACIÓNS (PDF-6,43MB)
12. CAPÍTULO XII: PROGRAMA DE MEDIDAS (PDF-4,05MB)
13. CAPÍTULO XIII: PARTICIPACIÓN PÚBLICA (PDF-303,10MB)
14. CAPÍTULO XIV: SEGUIMENTO DO PLAN HIDROLÓXICO (PDF-3,16MB)
15. CAPÍTULO XV: LISTAXE DE AUTORIDADES COMPETENTES (PDF-899KB)
16. CAPÍTULO XVI: REVISIÓN E ACTUALIZACIÓN DO PLAN (PDF-23,20MB)
17. CAPÍTULO XVII: PUNTOS DE CONTACTO E PROCEDEMENTOS PARA OBTER INFORMACIÓN (PDF-306KB)
NORMATIVA (PDF-1,92MB)
ESTUDO AMBIENTAL ESTRATÉXICO (PDF-5,91MB)
RESUMO NON TÉCNICO DO ESTUDO AMBIENTAL ESTRATÉXICO (PDF-2,60MB)
DOCUMENTO RESUMO DE INTEGRACIÓN DOS ASPECTOS AMBIENTAIS (PDF-1,17MB)
CARTOGRAFÍA DIXITAL PLAN HIDROLÓXICO (ZIP-38MB)
Tamén se consolidou, tras o período de consulta pública de acordo coa mesma resolución da Dirección Xeral da Auga de 29 de decembro de 2014 (BOE 30 de decembro de 2015), o proxecto do plan de xestión do risco de inundación (PGRI), do plan hidrolóxico da parte española da Demarcación que se pode consultar en: http://www.chminosil.es/es/chms/planificacionhidrologica/plan-de-gestion-de-riesgos-de-inundacion
De acordo coa Resolución da Dirección Xeral da auga, de 29 de decembro de 2014 (BOE de 30 de decembro de 2014) iniciouse o período de consulta pública durante seis meses (a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio) até o 30 de xuño de 2015, da proposta de proxecto de revisión de plan hidrolóxico (ciclo de planificación hidrolóxica 2016-2021) da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil e o seu Estudo Ambiental Estratéxico asociado (artigos 20 e 21 Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental), en cumprimento dos artigos 74 e 80 do Real Decreto 907/2007, de 6 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Planificación Hidrolóxica.
Tras o citado período de consulta pública da proposta de proxecto de revisión de plan hidrolóxico (ciclo de planificación hidrolóxica 2016-2021) da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil e o seu Estudo Ambiental Estratéxico asociado (artigos 20 e 21 Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental), e tras a avaliación das propostas, observacións e suxestións presentadas, exponse os documentos que conforman o citado proxecto do novo plan hidrolóxico do ciclo 2016-2021, e o seu Estudo Ambiental Estratéxico (EAE), consolidados:
PLAN HIDROLÓXICO DA PARTE ESPAÑOLA DA DEMARCACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL, 2016-2021.
A Lei 11/2005, do 22 de Xuño, pola que se modifica a Lei 10/2001, do 5 de xullo, do Plan Hidrolóxico Nacional, engade un novo apartado 5 no artigo 46 do Texto Refundido da Lei de Augas, coa seguinte redacción:
"5. Con carácter previo á declaración do interese xeral dunha obra hidráulica, deberá elaborarse un informe que xustifique a súa viabilidade económica, técnica, social e ambiental, incluíndo un estudo específico sobre a recuperación dos custos. Elaborarase o mesmo informe con carácter previo á execución das obras de interese xeral previstas nos apartados 1, 2 e 3.
En ambos os dous supostos, os informes deberán ser revisados cada seis anos no caso de que as obras non se tivesen levado a cabo. Os informes e as súas revisións periódicas faranse públicos".
En cumprimento desta normativa, publícanse os informes correspondente a esta Demarcación Hidrográfica.