Eido Territorial

O ámbito de actuación da Confederación Hidrográfica do Miño - Sil (CHMS), establecido no Real Decreto 125/2007 [ Descargar pdf , 112 Kb] , comprende a bacía do río Sil e mais a parte española das bacías do Miño e do Limia.

Ámbito TerritorialIsto concrétase nunha superficie total de máis de 17.619 kilómetros cadrados, ocupando unha parte moi importante de Galicia (77%) e extensións máis reducidas de Castela e León (4,4%) e Asturias (0,1%).

A poboación elévase, aproximadamente, a 858.000 habitantes, onde máis do 83% aséntase na Comunidade Autónoma de Galicia, seguindo cun 16% a de Castela e León, mentres que asturias contribúe a penas un 1%.

As principais bacías desta demarcación son a do Miño, a do Sil e a do Limia, nas que desembocan as seguintes correntes:

Bacía do Miño: Ladra, Neira, Avia, Deva e Tea.

Bacía do Limia: Salas.

Bacía do Sil: Cúa, Boeza, Lor, Bibei e Cabe.

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.