PLAN DE XESTIÓN DE RISCOS DE INUNDACIÓN

As inundacións constitúen un risco natural que ao longo do tempo provocaron a perda de vidas humanas e ocasionou custosos danos materiais, polo que a loita contra os seus efectos negativos non só require de solucións estruturais senón tamén doutras non estruturais como a implantación de sistemas de alerta, a corrección hidrológico - forestal e a correcta aplicación das medidas de ordenación do territorio.

Estas consideracións foron recollidas en normas europeas e estatais como a Directiva 2000/60/CE Marco sobre a auga, a Directiva 2007/60/CE relativa á avaliación e a xestión dos riscos de inundación e o Real Decreto 903/2010.

O Real Decreto 903/2010, de 15 de xullo, de avaliación e xestión riscos de inundacións, establece un marco para a avaliación e xestión dos riscos de inundación, co obxecto de reducir as consecuencias adversas potenciais da inundación para a saúde humana, o medio ambiente, o patrimonio cultural, a actividade económica e as infraestruturas. Desta forma, o referido real decreto regula os procedementos para realizar a avaliación preliminar do risco de inundación, os mapas de perigo e risco, e os plans de xestión dos riscos de inundación en todo o territorio español.

A terceira e última fase da avaliación e xestión dos riscos de inundación consiste na elaboración e redacción do Plan de Xestión do Risco de Inundación, e que ha de integrarse na propia planificación hidrológica das correspondentes Demarcacións Hidrográficas.

En virtude do disposto no artigo 13.4 do Real Decreto 903/2010, de 9 de xullo, de avaliación e xestión de riscos de inundación, o Goberno aprobou o Plan de Xestión do Risco de Inundación da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil mediante o Real Decreto 18/2016, de 15 de xaneiro, polo que se aproban os Plans de xestión do risco de inundación das demarcacións hidrográficas do Guadalquivir, Segura, Júcar e da parte española das demarcacións hidrográficas do Miño-Sil, Douro, Tajo, Guadiana, Ebro, Ceuta e Melilla. (BOE de 22 de xaneiro de 2016).

 

 

PLAN DE XESTIÓN DE RISCOS DE INUNDACIÓN DA PARTE ESPAÑOLA DA DEMARCACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL

MEMORIA (PDF-5,07MB)

ANEJOS

ANEJO Nº 1 - Caracterización das ARPSIs (PDF-6,78MB)

ANEJO Nº 2 - Descrición do programa de medidas (PDF-2,11MB)

ANEJO Nº3 - Resumo dos procesos de información pública e consulta e os seus resultados (PDF-14,62MB)

ANEJO Nº 4 - Medidas específicas de coordinación coa parte internacional da Demarcación Hidrográfica (PDF-336,75KB)

ANEJO Nº 5 - Listado de autoridades competentes (PDF-194,79KB)

LIGAZÓNS A FASES PREVIAS DA EVALUCIÓN DE RISCOS DE INUNDACIÓN:

FASE I: AVALIACIÓN PRELIMINAR DO RISCO DE INUNDACIÓN

FASE II: MAPAS DE PERIGO E RISCO DE INUNDACIÓN E DOMINIO PÚBLICO HIDRÁULICO DAS ZONAS INUNDABLES

PLAN HIDROLÓXICO DA PARTE ESPAÑOLA DA DEMARCACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL

DÚBIDAS, COMENTARIOS E SUXESTIÓNS.

Co obxectivo de facilitar o contacto coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil dos interesados no proceso de avaliación e xestión dos riscos de inundación, regulada pola Directiva 2007/60/CE e o Real Decreto 903/2010, habilítanse as direccións electrónicas seguintes:

mapas_zonas_inundables@chminosil.es
contacto@chminosil.es

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.