Entidades Colaboradoras

As Entidades Colaboradoras da administración hidráulica, en virtude do título correspondente, están habilitadas para as labores de apoio a esta Confederación Hidrográfica en materia de control e vixía da calidade das augas e de xestión de vertidos ao dominio público hidráulico.

Entidades ColaboradorasA actividade fundamental destas entidades é certificar a información requirida no artigo101.3 do Texto Refundido da Lei de Augas. En dito artigo establécese que a efectos de outorgamento, renovación ou modificación das autorizacións de vertido, o solicitante debe acreditar perante a administración hidráulica a adecuación das instalacións de depuración e os elementos de control, así como o seu funcionamento ás normas e obxectivos de calidade das augas, e ás condicións nas que verten.

Primarase a posesión do título de entidade colaboradora para realizar actividades de apoio a este Organismo de bacía, tales como realizar o programa de control de vertidos, comprobar as actuacións executadas en emerxencias, verificar o cumprimento dos obxectivos e normas de calidade ambiental, realizar os programas de seguimento do estado das augas e outras funcións afíns encomendadas pola administración hidráulica.

Con data 5 de abril de 2006 publícouse no Boletín Oficial do Estado a Orden MAM/985/2006, de 23 de marzo, pola que se desenvolve o réxime xurídico das entidades colaboradoras da administración hidráulica en materia de control vixilancia de calidade das augas e de xestión dos vertidos ao dominio público hidráulico

Nesta orde establécense as condicións requiridas para obter o título de entidade colaboradora, así como o procedemento para revalidalo e as formas empregadas pola administración para o control do cumprimento das condicións nas que foi outorgado. Así mesmo, establece os procedementos para levar a cabo as labores de apoio á administración hidráulica e para a emisión dos certificados sobre as autorizacións de vertido. Finalmente determina as normas de organización e funcionamento do rexistro de entidades colaboradoras.

O Ministerio do Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño tamén desenvolveu unha serie de Instrucións Técnicas Complementarias que permiten ás entidades colaboradoras certificar os datos requiridos así como realizar labores de apoio encomendos pola administración hidráulica.

Ditas instrucións quedan reflectidas no seguinte documento: ORDEN MAM/3207/2006, do 25 de setembro, pola que se aproba a instrución técnica complementaria MMA-EECC-1/06, determinacións químicas e microbiolóxicas para a análise das augas

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.