La CHMS avanza en la restauración fluvial de la Aceña de Olga

El elevado caudal del río Miño obligó a paralizar los trabajos en el lecho del río en septiembre de 2024. “La obra se reanudó en cuanto las condiciones del caudal lo han permitido, tras realizarse un...

A CHMS mellorará o saneamento e a EDAR do centro urbano e aglomeracións limítrofes do municipio pontevedrés da Cañiza

Hoxe foi asinada a Resolución de adxudicación das obras á UTE Vipeca - San Gregorio, por importe de 1.128.000 euros "A colaboración institucional é a clave para conseguir proxectos importantes para...

A CHMS recuperará 19 km de camiños fluviais entre Ourense e Os Peares

Rubricado o Convenio de colaboración cos concellos de Coles e A Peroxa para achegar a Ribeira Sacra á cidade de Ourense O investimento estimado supera os 750.000€; 600.000 serán sufragados polo organismo...

A CHMS adxudica as obras de recuperación do arroio de la Vega do Rey en Cacabelos

A empresa Maga Estudos e Construcións, S.L. foi a adxudicataria O importe das actuacións supera os 566.200 euros, financiados integramente polo organismo de conca
Visita obras bombeo de Areas Tui Pontevedra

Nestes traballos, cuxo grao de execución supera o 40%, o Ministerio investirá máis de 450.000 euros

Derivaranse todas as verteduras dos núcleos de Areas, Randufe, Pexegueiro e Malvas cara á EDAR de Guillarei, mellorando o saneamento a máis de 3300 habitantes

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), executa as obras de ampliación da estación de bombeo de augas residuais do núcleo de Areas (Tui-Pontevedra), nas que o Ministerio investirá máis de 450.000 euros.

Esta mañá o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, e o presidente da CH do Miño-Sil, Francisco Marín, visitaron a zona de actuación para comprobar, in situ, a boa marcha dos traballos. Na visita estiveron acompañados polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e polo subdelegado do Goberno na provincia, Antonio Coello.

O obxectivo destas obras é complementar a posta en funcionamento da EDAR de Guillarei, coa execución de novas infraestruturas de saneamento dotadas de sistemas de recollida de augas residuais que poidan ser conectados aos colectores de saneamento xa construídos.

Estas actuacións fináncianse a través de Fondos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), deseñados dentro do período 2007-2013, cunha porcentaxe de financiamento do 80% pola CHMS e un 20% pola Xunta de Galicia.

15-09-29-visita-obras-bombeo-de-Areas-Tui-Pontevedra2

ACTUACIÓNS

Con estas actuacións darase solución ao problema de falta de capacidade do pozo de bombeo actual e ás roturas que presenta a rede nalgúns tramos, o que provoca frecuentes verteduras á canle do arroio San Martiño e infiltracións de auga á propia rede.

As obras consisten na remodelación e ampliación do bombeo de augas residuais dos núcleos de Areas, Randufe, Pexegueiro e Malvas, e do polígono industrial de Areas, no termo municipal de Tui (Pontevedra).

Para iso estase levando a cabo a construción dun novo pozo de bombeo que contará con dúas bombas iguais de 32 kW cada unha, coa posibilidade de instalar unha terceira bomba que serviría para un saneamento futuro con maior poboación. Tamén se remodelarán os colectores de chegada á actual estación de bombeo, para adaptalos á nova obra, mellorando así a súa capacidade e estanqueidad e reporase un pozo roto situado no regacho de San Martiño.

A saída do pozo de bombeo será a través dunha impulsión de 156 m de lonxitude e 250 mm de diámetro a 10 bares de presión para chegar a un pozo de rotura de carga desde onde fluirán as augas por gravidade até a EDAR de Guillarei.

Con estas actuacións, que comezaron en maio de 2015, darase servizo a máis de 3300 habitantes/equivalentes. Na actualidade está executado máis do 40% das mesmas e prevese a súa finalización para o terceiro trimestre do ano.

15-09-29-visita-obras-bombeo-de-Areas-Tui-Pontevedra3

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.