Protección de datos de carácter persoal

Adaptamos a nosa política de tratamento de datos de carácter persoal á normativa europea.

Regulamento europeo de protección de datos de carácter persoal. Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos, RGPD)

Responsable do tratamento

O responsable do tratamento dos datos de carácter persoal é a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, O.A.

Delegado de protección de datos

Para cumprir coas nosas obrigacións, designouse como Delegado de Protección de Datos ao Xefe de Área de Secretaría Xeral, a quen pode dirixirse a través das seguintes vías:

Email: edominguez@chminosil.es

Correo postal: Rúa Curros Enríquez, nº 4, 2º. 32003, Ourense,


Dereitos das persoas interesadas

O RGPD recoñece ás persoas interesadas os dereitos de acceso, rectificación, oposición, supresión (“dereito ao esquecemento”), limitación do tratamento, portabilidad e non ser obxecto de decisións individualizadas.

  • Dereito de acceso: pode dirixirse ao responsable do tratamento para coñecer se está a tratar ou non os seus datos de carácter persoal.
  • Dereito de rectificación: pode obter a rectificación dos seus datos persoais que sexan inexactos ou incompletos.
  • Dereito de supresión (“o dereito ao esquecemento”): ten dereito á supresión dos seus datos nos supostos contemplados na normativa.
  • Dereito á limitación do tratamento: pode solicitar que se suspenda o tratamento dos datos en determinadas circunstancias.
  • Dereito á portabilidad dos datos: pode solicitar os seus datos persoais, que se lle facilitasen en formato estruturado, de lectura mecánica e interoperable, para a súa transmisión a outro responsable.
  • Dereito de oposición: pode opoñerse ao tratamento dos seus datos persoais en determinados supostos.
  • Dereito a non ser obxecto de decisións individualizadas: pode solicitar non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado.

A regulación destes dereitos atópase nos artigos 15 e seguintes do Regulamento Xeral de Protección de Datos.

O exercicio destes dereitos é gratuíto, e debe formularse mediante petición por escrito dirixida ao Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que pode ser presentada:

  • En calquera das oficinas de rexistro do organismo, ou noutras oficinas de asistencia en materia de rexistros.
  • Por correo, dirixido á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Rúa Curros Enríquez nº 4, 2º. 32003, Ourense.
  • Telemáticamente, a través do Rexistro Electrónico Xeral da Administración Xeral do Estado.

A CHMS, como responsable do tratamento, debe facilitarlle información relativa á súa solicitude no prazo de 1 mes a partir da recepción da mesma. Este prazo poderá prorrogarse outros 2 meses en caso necesario, tendo en conta a especial complexidade e o número de solicitudes.

No suposto no que non se lle conceda o exercicio do dereito, deberá ser informado no mesmo prazo dun mes dos motivos da negativa.

Rexistro de actividades de tratamento
As actividades de tratamento de datos persoais que realiza a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, O.A. son as seguintes (para obter información detallada, pique sobre a actividade que desexe):

Código      Actividade de tratamento
01 SG        Xestión de recursos humanos (rexistro de persoal, nómina, control de presenza)
02 SG        Plan de pensións
03 SG        Mantemento do rexistro de axentes ambientais
04 SG        Seguro de accidentes do persoal
05 CA        Tramitación de expedientes de verteduras
06 CA        Tramitación de expedientes de concesións e autorizacións
07 SG        Atención cidadá (suxestións, reclamacións, solicitudes de información, solicitudes de acceso a arquivos)
08 SG        Axudas sociais ao persoal da CHMS
09 SG        Xestión de pagos e cobros
10 SG        Procedementos de responsabilidade patrimonial
11 SG        Recursos humanos (provisión de postos)
12 CA        Rexistro de augas
13 CA        Procedementos sancionadores
14 DT        Expropiacións
15 SG        Prevención de riscos laborais
16 SG        Rexistro de entrada e saída de documentos
17 SG        Tramitación de expedientes de contratación
18 CA        Comunidades de usuarios
19 SG        Xestión recadatoria
20 SG        Órganos colexiados
21 SG        TIC (xestión de usuarios e permisos)
22 OPH/ DT/ CA Trámites de información pública
23 DT        Elencos de regadíos
24 P          Relacións institucionais
25 SG        Recursos administrativos
26 SG        Publicidade de composición e acordos das mesas de contratación
27 SG        Prevención de riscos laborais – Medidas especiais COVID-19
28 SG        Subvencións
29DT29     Videovixilancia
30SG30     Xestión do sistema interno de información de infraccións
31P          Organización de actividades de educación ambiental


Autoridade de control

A autoridade de control sobre protección de datos en España é a Axencia Española de Protección de Datos, á que pode dirixirse a través do seu portal.

https://www.aepd.es/

Antes de interpoñer unha reclamación sobre dereitos ante a AEPD, é necesario dirixirse á CHMS.

Se non recibe resposta no prazo ou se considera que a resposta non foi adecuada, poderá interpoñer unha reclamación na AEPD.

Outros documentos de interese

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.