Recóllese neste apartado información relativa a aproveitamentos de auga para uso hidroeléctrico cuxa extinción foi declarada, e nos que existen obras construídas para a explotación que revertirán ao Estado, de acordo co establecido no artigo 132 do Regulamento do Dominio Público Hidráulico.
Publícase, por ser de interese público, unha listaxe provisional daqueles aproveitamentos, así como os estudos realizados pola CHMS sobre a viabilidade para a súa explotación futura con fins hidroeléctricos.
Central |
Río |
Término municipal |
Provincia |
Boeza |
Folgoso de la Ribera |
León |
|
Boeza |
Folgoso de la Ribera |
León |
|
Burbia |
Toral de los Vados |
León |
|
Sil |
Ponferrada |
León |
|
Enviande |
Chantada |
Lugo |
|
Mao |
O Incio |
Lugo |
|
Lonia |
Pereiro de Aguiar |
Ourense |
|
Arnoia |
Ramirás e Cartelle |
Ourense |
|
Edo |
A Teixeira |
Ourense |
Ourense, 28 de Maio de 2019
De acordo co apartado 1 do artigo 21 do Real Decreto 903/2010, de 9 de xullo, de avaliación e xestión de riscos de inundación, a Avaliación Preliminar de Risco de Inundacións ( EPRI) actualizarase como moi tarde o 22 de decembro de 2018, e a continuación cada seis anos.
A tales efectos, a documentación da “Revisión e Actualización da EPRI-2º Ciclo” da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil someteuse a consulta pública nesta páxina WEB e nas oficinas da Comisaría de Augas (Comisaría Adxunta – Rúa Progreso, nº 6 – 32003 – Ourense) por un prazo de 3 meses, tras a súa publicación no BOE nº 226 de 18/09/2018.
De acordo co apartado 4 do artigo 7 do citado Real Decreto 903/2010, tras finalizar o período de consulta pública da EPRI de 2º ciclo (18 de decembro de 2018) e unha vez analizadas e informadas as alegacións, o documento final da revisión e actualización da Avaliación Preliminar de Risco de Inundacións ( EPRI) someteuse a informe do Comité de Autoridades Competentes da Demarcación, regulado no R.D. 126/2007, do 2 de Febreiro, en reunión de data 21 de febreiro de 2019, informando o mesmo favorablemente.
Finalmente, de conformidade co artigo 7.5 do citado Real Decreto 903/2010, unha vez informada favorablemente o 8 de abril de 2019 polo Consello Nacional de Protección Civil e cumpridos os trámites establecidos na normativa, por resolución de data 12 de abril de 2019 ( B.O.E. nº 126 de 27/05/2019 ) o Ministerio para a Transición Ecolóxica acordou aprobar a revisión e actualización da Avaliación Preliminar do Risco de Inundación ( EPRI) da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil.
Exponse nesta páxina WEB, o documento final da "Revisión e Actualización da EPRI-2º Ciclo" da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil”, aprobado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica.
EPRI - 2º ciclo
(Revisión e Actualización da Avaliación Preliminar de Riscos de Inundación).
ENLACE FASES PREVIAS
DÚBIDAS E COMENTARIOS
Co obxectivo de enriquecer e mellorar esta documentación que pretenden reducir as consecuencias negativas das inundacións sobre a poboación, as actividades económicas, o medio ambiente e o patrimonio cultural en base ao disposto na Directiva 2007/60/CE e o Real Decreto 903/2010, habilítase a seguinte dirección electrónica:
1. Plan Especial ante situacións de alerta e eventual seca. D. H. Norte.
O Plan Especial ante situacións de alerta e eventual seca ( P.E.S.) foi aprobado pola Orde MAM/698/2007, do 21 de marzo e entre os seus obxectivos principais atópase o de minimizar os impactos ambientais, económicos e sociais en situacións de seca, así como mellorar a xestión do recurso hídrico durante as situacións de escaseza na conca.
2. Informes ao Plan Especial.
3. Alegaciones ao Plan Especial.
O plan especial de actuación en situacións de alerta e eventual seca da parte española da demarcación hidrográfica Miño-Sil foi aprobado mediante a Orde TEC/1399/2018, de 28 de novembro (BOE de 26 de decembreo de 2018), pola que se aproba a revisión dos plans especiais de seca correspondentes ás demarcacións hidrográficas do Cantábrico Occidental, Guadalquivir, Ceuta, Melilla, Segura e Júcar; á parte española das demarcacións hidrográficas do Miño-Sil, Douro, Tajo, Guadiana e Ebro; e ao ámbito de competencias do Estado da parte española da demarcación hidrográfica do Cantábrico Oriental.
Nas seguintes ligazóns pódese consultar a versión definitivamente aprobada mediante a precitada Orde TEC/1399/2018, de 28 de novembro (BOE de 26 de decembro de 2018) do PLAN ESPECIAL EN SITUACIÓNS DE ALERTA E EVENTUAL SECA DA DEMARCACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL ( PES), versión actualmente en vigor.
Así mesmo é posible a descarga do informe sobre as observacións, propostas e suxestións recibidas durante o precitado período de consulta pública e dos principais cambios levados a cabo e orixinados polo mesmo, así como todos os escritos recibidos e as respostas motivadas aos mesmos.
Da mesma forma recóllense aquí os documentos asociados ao proceso de avaliación ambiental estratéxica asociado, en cumprimento do artigo 29 e seguintes da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
Esta versión do PES foi sometida a informe preceptivo do Consello da auga da demarcación na sesión celebrada o 1 de xuño de 2018, en observancia do artigo 27.2 da Lei 10/2001, do 5 de xullo, do Plan Hidrolóxico Nacional e a informe do Consello Nacional da auga no pleno celebrado o 16 de outubro de 2018.
Toda a documentación do PES pódese consultar nas seguintes ligazóns :
PLAN ESPECIAL EN SITUACIÓNS DE ALERTA E EVENTUAL SECA DA DEMARCACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL ( PES).
MEMORIA E ANEXOS
ANEXO I. RÉXIME DE CAUDAIS ECOLÓXICOS MÍNIMOS EN SITUACIÓNS DE SECA PROLONGADA.
ANEXO II. LISTAXE DE UNIDADES DE DEMANDA.
ANEXO III. LISTAXE DE UNIDADES DE DEMANDA. MODELOS DE AQUATOOL.
ANEXO IV. ANÁLISE DE SECAS HISTÓRICAS. PERÍODO 1940-1983. ÍNDICE INP.
ANEXO V. ANÁLISE DE SECAS HISTÓRICAS. PERÍODO 1940-1991. ÍNDICE SPI 12.
ANEXO VI. ANÁLISE DE SECAS HISTÓRICAS. PERÍODO 1991-2007. ÍNDICE SPI 12.
ANEXO VII. ANÁLISE DE SECAS HISTÓRICAS. PERÍODO 2007-2017.ÍNDICE SPI 12.
ANEXO VIII. FICHAS AVALIACIÓN DOS IMPACTOS SOCIOECONÓMICOS.
ANEXO IX. PARTICIPACIÓN PÚBLICA.
ANEXO X. INFORME SOBRE As PROPOSTAS, OBSERVACIÓNS E SUXESTIÓNS
PROPOSTAS, OBSERVACIÓNS E SUXESTIÓNS PRESENTADAS
Informe sobre as propostas, observacións e suxestións recibidas no proceso de consulta pública.
Propostas, observacións e suxestións recibidas e respostas enviadas.
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA
DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO
PUBLICACIÓN BOE INFORME AMBIENTAL
OUTROS DOCUMENTOS
Último parte: Abril 2025 | Mapa seca | Mapa escenario
Índice de seca prolongada: Sinala a falta de precipitacións que ocasiona un descenso significativo dos caudais circulantes
Escenario de escaseza conxuntural: Indica a dificultade para satisfacer as demandas dos diferentes usos (abastecemento, agrario, industrial,…)
Partes Emitidos :