Esta infraestrutura forma parte dun proxecto global a través do que se executará unha senda fluvial desde A Lagoa de Fonmiñá ata o Pedregal de Irimia, municipios da Pastoriza e Meira, respectivamente
Este centro de interpretación pretende converterse nun lugar de referencia, situado nun enclave privilexiado, a través do que se divulgarán os valores dos ríos da demarcación Miño-Sil e do ecosistema que os sustenta
No mesmo proxecto, na zona do Pedregal de Irimia, executarase outra construción que complementará á anterior e que terá como obxectivo a divulgación dos aspectos xeolóxicos e hídricos da demarcación
“Queremos edificacións sinxelas, respectuosas coa contorna e construídas con materiais da zona” explicou Quiroga
A CHMS continua traballando na revisión da nova cartografía para o que realizará un novo voo LIDAR, no mes de xuño.
A APA traballa no informe das medidas de retención natural fronte a inundacións, do mesmo xeito que a CHMS que tamén iniciou a licitación destes estudos
As Universidades de Porto e Vigo continúan coa modelización hidrometeorológica nas partes española e portuguesa, para mellorar a automatización dos procesos de predición tanto hidrolóxica como hidráulica como a súa interconexión
O obxectivo é minimizar e avaliar os efectos dos fenómenos extremos e do cambio climático na xestión das masas de auga e os seus ecosistemas asociados, cun investimento de 2.350.000 €
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.