A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil somete a aprobación da Xunta de Goberno o seu proxecto de presupostos para 2014

Considérase próximo aos 43 millóns de euros, o que implica un incremento de máis de 7 millóns de euros en relación ao presente exercicio

Na orde do día incluíuse a aprobación do inicio de revisión do Plan Hidrolóxico da Demarcación, en vigor dende o 21 de abril de 2013

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, celebrou hoxe, en Ourense, a reunión ordinaria da Xunta de Goberno da demarcación.

Esta é a segunda reunión celebrada este ano polo órgano de goberno e na que o organismo de conca someteu a aprobación varios temas fundamentais para a súa xestión, entre eles, o proxecto de presuposto para o ano 2014 e a revisión do vixente plan hidrolóxico da demarcación Miño-Sil, aprobado en abril de 2013.

Neste sentido, o Órgano Colexiado da CHMS informou favorablemente o proxecto de presuposto para o 2014, que se considera próximo aos 43 millóns de euros, o que implica un incremento de máis de 7 millóns de euros en relación ao presente exercicio.

"Realizouse unha operación de saneamento importante das contas do organismo, minorando o endebedamento, reducindo os recursos de amortización de 3 a 5 anos, o que nos permitiu incrementar os investimentos previstos, de 11,6 millóns de euros en 2013 pasar a 26,4 millóns para o ano 1014" indicou Marín, presidente do organismo.

Este presuposto é froito do esforzo que vimos realizando dende o inicio da lexislatura. Chegamos en momentos de grandes dificultades económicas e esta situación obrigounos a valorar a necesidade de acometer cada unha das nosas actuacións, priorizando en función das necesidades reais" explicou o presidente.

"Outro impulso económico para a CHMS está directamente relacionado coa reprogramación dos fondos comunitarios, co interese de aproveitar ao máximo os recursos dispoñibles para, neste último tramo do período 2007- 2013, cubrir as necesidades da poboación con proxectos necesarios, dende o punto de vista ambiental, e que contribúan dalgún xeito a...reducir as disparidades sociais e económicas entre os cidadáns da Unión, todo iso contando co esforzo económico, implicación e colaboración das administracións Autonómica e Local," concluíu Marín.

Por outra parte, tamén se someteu a votación a proposta de revisión do Plan Hidrolóxico da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil e foi aprobado por unanimidade.

IMG 0319 1

 Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.